Son os Premios promovidos pola Asociación Músicas ao Vivo que nacen co obxectivo de dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade artística das producións musicais e de todo o sector musical galego.
A convocatoria vai dirixida a todos os proxectos musicais galegos vixentes e en activo no ano 2022. A inscrición para acadar a nominación aos premios será libre e gratuíta.
O proceso de inscrición de proxectos estará aberto dende o 11 de xullo ata o 31 de xullo de 2022 ambos incluídos.
Os Premios Martín Códax da Música son posibles grazas á Asociación Músicas ao Vivo. Aínda non a coñeces? Descúbrea e asóciate!
+ INFORMACIÓNAquí podes ver o album de fotos da IX gala dos Premios Martín Códax da Música
Clica aquí para ver as fotosSe fas música ao vivo en Galicia esta é a túa asociación. Os socios e socias deciden na derradeira fase de votación aos premiados en cada categoría.
Faite soci@Non podía ser doutro xeito. Fuxan os Ventos celebra o seu 50 aniversario na música neste ano 2022 e os Premios Martín Códax da Música entregaránlle ao grupo o galardón honorífico da súa novena edición. Considerados pioneiros e baluartes da música en galego, Fuxan os Ventos constitúe un proxecto histórico, refrendado non só pola crítica e o propio sector musical, senón ademais polo gran público. A súa música chegou a milleiros de persoas e puxo a canción en galego en boca de varias xeracións.