ARQUIVO

Edicións anteriores

Estes son os proxectos premiados nas anteriores edicións dos Premios Martín Códax da Música. Bótalles un ollo!

VER TODOS


CATEGORÍAS MUSICAIS

  • CANCIÓN DE AUTOR/A
  • MÚSICA INFANTIL
  • ROCK
  • ELECTRÓNICA
  • POP / INDIE
  • METAL
  • HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS
  • MÚSICAS DO MUNDO
  • MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA
  • MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
  • BLUES / FUNK / SOUL
  • REGGAE / SKA / MESTIZAXE
  • COROS E GRUPOS VOCAIS
  • FOLQUE
  • ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA
  • JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS

ORGANISTRUM

  • SALAS
  • FESTIVAIS
  • ESPAZOS DE COMUNICACIÓN MUSICAL

GARUFA CLUB

Premiados na categoría de SALAS


Garufa Club, nace en A Coruña o 26 de Febreiro de 2014, para dar continuidade ao que foi, durante máis de 22 anos, a Sala Garufa  no casco vello da cidade, neste senso Garufa Club significa un salto hacia adiante, ao aportar  un espazo e unhas instalacións de primeiro nivel ( no que foi en tempos o  Cine Valle Inclán ) onde caben practicamente todo-los estilos de música, ademáis de teatro, danza, monólogos,  presentacións de libros, etc. Con unha programación estable que oscila entre os 125-140 espectáculos anuáis, Garufa Club consolídase como un referente na oferta cultural de Galicia.

A BANDA DA BALBINA

Premiados na categoría de REGGAE / SKA / MESTIZAXE


Alá polo Maio do ano 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda Da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na Radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio dalgunhas orquestras galegas. Un ano máis tarde a Balbina pareu “O fillo do mar”, con el chegou o 1º premio da Radio Galega do programa Apolohit. Co empuxón deste premio o gruo empeza a súa andanza polas Festas-Concertos de toda Galicia, compartinde escenario con Mercedes Peón, Festicultores, Cuchufellos… levando sempre boa música en galego e moita festa.

 

As nosas creacións seguen mantendo uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país. Se hai algo que nos define é que cantamos e contamos historias, historias que son nosas e comúns nas catro provincias de Galicia.

 

No 2015 A Banda da Balbina consegue o Premio do Xurado e o Premio do Público no concurso VAS SACAR NOTA 2015 (crtvg) co tema O MARCO converténdose na canción do verán.

 

Dende os nosos inicios mantemos unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega. Temos un disco no mercado co título do primoxénito da Balbina “Estomballada” e próximamente sacaremos un novo disco “Convertindo cuncas en ferrados”.

Alá polo Maio do ano 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda Da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na Radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio dalgunhas orquestras galegas. Un ano máis tarde a Balbina pareu “O fillo do mar”, con el chegou o 1º premio da Radio Galega do programa Apolohit. Co empuxón deste premio o gruo empeza a súa andanza polas Festas-Concertos de toda Galicia, compartinde escenario con Mercedes Peón, Festicultores, Cuchufellos… levando sempre boa música en galego e moita festa.

 

As nosas creacións seguen mantendo uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país. Se hai algo que nos define é que cantamos e contamos historias, historias que son nosas e comúns nas catro provincias de Galicia.

 

No 2015 A Banda da Balbina consegue o Premio do Xurado e o Premio do Público no concurso VAS SACAR NOTA 2015 (crtvg) co tema O MARCO converténdose na canción do verán.

 

Dende os nosos inicios mantemos unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega. Temos un disco no mercado co título do primoxénito da Balbina “Estomballada” e próximamente sacaremos un novo disco “Convertindo cuncas en ferrados”.

Foxy Freire

Premiados na categoría de ROCK


A banda nace no ano 2010 e dende entón segue fiel aos seus principios e ao camiño escollido inicialmente.

Actualmente integran o proxecto:

Virxilio da Silva (guitarra e voz)

Fernando Sánchez (guitarra)

Paco Charlín (baixo)

Max Gómez (batería),

Foxy Freire nútrese do rock de finais dos 60 e comezos dos 70. Están influenciados por bandas como MC5, The Doors, Jimi Hendrix, Led Zeppelin, Black Sabbath, Blue Cheer, Leaf Hound, Cream e Grand Funk Railroad, entre outras moitas. Levan xa case seis anos refregándose polos escenarios das mellores salas galegas e do norte de Portugal, ofrecendo un espectáculo cheo de enerxía e rock and roll, e veñen de editar no pasado ano 2015 o seu primeiro Lp Mongoose Tree.

Ábrete de orellas

Premiados na categoría de WEB


Ábrete de orellas é un punto de encontro onde (re)descubrir e compartir músicas. Xurdiu en 1997 coma programa radiofónico na emisora universitaria de Ferrol e a partir de aí creceu colaborando e aprendendo tamén en medios escritos, internet ou televisión. Co cambio de século consolidouse na Internet coma o medio de comunicación musical onde se atopan as propostas feitas na Galiza e as que nos visitan.

Desde a paixón e o entusiasmo, á marxe de modas e etiquetas, en Ábrete de orellas conviven os diferentes estilos, sen présas e sen elitismos, con curiosidade e poucos prexuízos. A axenda orelluda, aberta e independente, está ao servizo das salas, produtoras, artistas e festivais do país e, sen patrocinios nin incentivos económicos, a páxina en facebook superou 3000 seguidoras.

Tras regresar ás ondas de Rádio FilispiM en outubro de 2013, non falta á cita semanal cun programa que arestora redifunden todas as emisoras da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, así como Radio Redondela e Radio Negreira.

O que din de Ábrete de orellas

“Um autofalante necessário e decididamente alternativo para quem quer conhecer e reconhecer o mundo da música sem bipartidismos, com as orelhas abertas a todas as ondas.” Uxía Pedreira (Chouteira, Marful, aCentral Folque ...)

“Ábrete de orellas supón abrirse a descubrir talentos ocultos, rememorar concertos vividos ou envexar a quen os viviron. Supón independencia e fuxida das modas. Cando Abres as orellas a vida soa mellor.” Tomi Legido, programador musical

abretedeorellas.com, referencia da actualidade, crítica, axenda e publicacións da música popular, é un espazo necesario e modélico dentro do xornalismo online galego. aCentralFolque

“Unha forma paixonal de entender a música dende Galicia onde ten cabida aquelo que ofrece creatividade e calidade” Xavier Valiño, xornalista musical

“Ábrete de Orellas é un espazo para a música. Nestes tempos de intensa vida dixital baleira de contidos resulta gratificante atopar unha web na que se fala da música con criterio, onde a crítica non está manipulada por intereses comerciais e se di o bo e o menos bo dos discos, dos concertos e dos músicos e sobre todo onde queda claro que a xente que está detrás dela fai honra ó nome e ten as orellas ben abertas.” Fernando Abreu (2uS, Cuarteto Caramuxo, Banda Crebinsky...)

“Atento a músicas que para a maioría dos medios, masivos ou non, son como mínimo subterráneas.” Martin Wu (The Homens, Grampoder...)

"portal galego de lecer, radio, web, por un tempo colaboracións televisivas, ... parabéns por toda a info que nos ofrecedes” Daniel Alonso (O Neno Ellitott, Os amigos dos músicos ...)

“Ábrete de Orellas contribuye día a día a escribir la historia de la música popular de nuestro país y es uno los mejores lugares para descubrir canciones con alma.” Manolo Bertrán (Doctor Divago)

seareir@s en facebook

“Artesanato e paixón. Ábrete de orellas é un referente.”, Casa Amelia dixit

“lugar onde podes atopar de xeito claro, dende información, opinións, suxerencias de todo tipo de actividades culturais”, Merce

“Uma fiestra de informaçâo. Que nâo e pouca coissa. Um programa musical de radio como deberían ser tudos. Sem máis, sem postureo.”, Sapoconcho

“Unha porta aberta á cultura musical”, Illa Natura

“Me interesa la información cultural que nos ofreceis, difícil de obtener por otros medios, además sois muy cercanos.”, Marta Molina

FEITO A MAN

Premiados na categoría de FESTIVAIS


Feito a Man é un festival de rúa organizado pola  ASOCIACIÓN CULTURAL CIDADE VELLA  que naceu no ano 2003 e que pretende xerar sinerxias entre os espazos singulares da cidade e a creación artística.

Durante o mes de agosto, Feito a Man deseña e pon en escena un ciclo continuado de actuacións no que caben actividades artísticas de diverso xénero: Música- Cabaret- Instalacións- Performance- Teatro- Dj´s… Un festival de diversidade. Un fenómeno espacial onde interactúan os suxeitos dunha colectividade a través da creación.

Un dos obxectivos fundamentais do festival Feito A Man é dar a coñecer e difundir a capacidade creativa da cidade e o potencial da cidade vella como entorno excepcional para o seu posicionamento e visibilización. Asi mesmo, tamén se busca a implicación activa na dinamización cultural de Compostela e o compromiso coas manifestacións artísticas máis diversas, servindo como plataforma e vínculo entre os universos creativos e as xentes que habitan as rúas da cidade.

Os escenarios de Feito a Man son as rúas e prazas da cidade histórica de Compostela que se converten nun marco singular para deixar o protagonismo ao artista, o espectador, o espazo e as sinerxias que entre eles se producen.

Polos diferentes espazos do Festival, durante estes anos pasaron artistas como Lobalú, Fanfare Ciocarlia, Chévere, Alejandro Vargas Trío, Super Ratones, Es un árbol, Fluzo, Dr. Gringo, Aline Frazao, Davide Salvado, Ricardo Parada, Xoán Curiel, Dirty Socks, Xacobe Martínez, In Reverse, Los Chavales, Tony Lomba e Elio dos Santos, Fred Martins, Marcos Teira, O Coro da Rá, Aló Django, … entre moitos outros.

Orquestra Os Modernos

Premiados na categoría de ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA


A claridade das lámpadas de cores, o cheiro a pólvora, o arrecendo das fiambreiras, até a geometria dos quadros dos manteis se levantam e brindam pola oportunidade dada ao "frotis" e ao "arrechuche" contagiada polos ritmos bailables da Orquestra "Os Modernos". Como consequência da sua constante renovaçom e experiência atraves de tantas giras e viagens por Europa e América do Sur e do Norte, a Orquestra "Os Modernos" oferece-lhes um repertório renovado de bailes como manda a última moda: fox-trot, baião, bolero, habanera, corrido, rumba, mazurca..., sem esquecer-se tampouco desses ritmos máis arcaicos e propios do nosso folclore como a moinheira ou a jota. Os bailadores e bailadoras confidentes, senten-se protagonistas arroupados ao tempo que ilhados, ao estar a música exclusivamente ao servizo do seu baile. Ninguem senta quando toca a Orquestra "Os Modernos"!

 

Membros: Xosé Tunhas: Bateria Joám Casas: Clarinete e gaita-de-fol Alonso Caxade: Trombone Martín Nogueira: Trompeta Paco Nogueiras: Acordeão Alberte Rodríguez: Contrabaixo Iria Pinheiro: cantante e diva

Sokram

Premiados na categoría de HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS


SOKRAM é unha das voces de peso en Dios Ke Te Crew e unha das personalidades máis prolíficas e irreverentes do famoso colectivo hip hop.

En 2015 editou o seu primeiro Lp en solitario titulado “Chuvia Ácida”, nunha coidada edición especial de tirada limitada (Vinilo 12"+Cd+Fancine 16 pax+ Donwload LP).
15 cortes cargados de Electrónica, Rock&Roll, Funk, Jazz, Hardcore.. Un disco ecléctico, fresco e reflexivo, irónico e divertido. Gravado e producido en Rapapoulo Estudios por MOU: beatmaker e productor de DKTC, que ademáis o acompaña nos seus directos aos coros e nos mandos da variopinta maquinaria coa que compoñen o set xunto cun terceiro implicado: SANTINO, versátil guitarrista de numerosos proxectos sonoros como Cona Yeyé, Lady Chatarra, Chicharo Psicótico ou DKTC.

Estas tres feras fusiónanse nun combo cun directo enérxico e arrollador, no que as letras brilantes e a versatilidade e potencia vocal de Sokram bailan á perfección cos ritmos e melodías secuenciadas e retorcidas pola alquimia das máquinas de Mou e cos camaleónicos sons das guitarras de Santino. Un live diferente e dinámico no que o Hip Hop viaxa por paraxes nas que Rap e Electrónica se contorsionan con Rock&Roll, copulan con Funk e Blues e se colocan ata o éxtase co Hardcore e a Psicodelia.

CAXADE

Premiados na categoría de FOLQUE


CAXADE é o projeto pessoal de Alonso Caxade. Folk-pop cum arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da velha Europa. Música elegante, modesta e singela, surrealismo pós-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.
Melhor Artista nos XIII Premios Opinión, Prémio Martín Códax da Música, ganhador "Certame Música Xove" e representante galego no SUNS Europe 2015.

CAXADE é neste momento a banda musical de Alonso Caxade, mas nasceu no último trimestre do ano 2012 como um projecto audiovisual transgressor através da publicaçom das video-criaçons “Dança dos Moscas”, “Gente Pota” e “Sr. Xorda” (com Javier Antelo Seoane, Íria Pinheiro e Tánia Ameneiro). Um universo surreal de pessoas poderosas com cabeças que soam ao choco das potas, que movem fios para enganar-nos no menú que temos que comer, como se fossemos moscas a dançar no mundo do Sr. Xorda.

Em novembro de 2013 editou no selo cooperativo "Discos da Máquina" o seu primeiro trabalho discográfico intitulado "A Dança dos Moscas" com os músicos que na actualidade seguen formando a súa banda: Manu Paino (trompeta e teclado), Manu Espinho (bombardino e trombone), Xosé Tunhas (bateria) e o próprio Alonso Caxade (voz e acordeom). Dous anos depois (dezembro de 2015) saiu á venda o DVD+CD "A Dança dos Moscas Ao Vivo" gravado com a Banda de Música da Bandeira. 

O seu último disco "E isto é o Amor" saiu à venda o 14 de maio de 2016 a atópase agora non final da súa xira de presentación.

De Vacas

Premiados na categoría de COROS E GRUPOS VOCAIS


Son catro vacas que rin e cantan: a Marela, a Pinta, a Morena e a Rubia ou o que é o mesmo Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández. Presentan un espectáculo fresco como a auga dos regos. Mestura de voces e guitarra, harmonías que estimulan os sentidos. Desfrutan enriba do escenario para que vós desfrutedes. Cantan en tódolos idiomas do mundo e inventan outros. Reivindican o guachinein, esa lingua minorizada. Aman aos nosos poetas por riba de todo, como Enrique Igrexas. Rescatan retrousos esquecidos, tarareos que foran populares nas voces de Cristina da Aguieira ou Mónica da Laranxeira.

Ansia de xuventude e fusión internacional. 

A vida ao seu lado toda é un carnival!

ORQUESTRA DE JAZZ DE GALICIA

Premiados na categoría de JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS


A Orquestra de Jazz de Galicia reúne a algúns dos máis importantes músicos da escena galega actual no ámbito do jazz, a música sinfónica e a música tradicional co cometido de explorar o diálogo posible entre a música tradicional de Galicia e a música improvisada contemporánea.

En decembro edita o seu primeiro traballo discográfico "Fame", gravado ao vivo os días 17 e 18 de xaneiro do 2015 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) baixo a dirección técnica de Pablo Barreiro e o servizo de produción do Arquivo Sonoro da Radio Galega. Roberto Somoza e Pedro Lamas son os encargados dos arranxos e a orquestración dunha escolma de pezas que reflicten a profundidade da música tradicional de Galicia a partir de diferentes traballos de campo.  “Fame” está composto por dez arranxos orixinais entre os que se inclúe o “Toque de chifre de Faramontaos”, melodía recollida por Alan Lomax en Galicia no ano 1952 e que anos máis tarde sería reinterpretado por Miles Davis e Gil Evans coa súa orquestra en “Sketches of Spain” (1960) baixo o título “The Pan Piper”.

O primeiro traballo da Orquestra de Jazz de Galicia contou coa colaboración desinteresada de preto de medio cento de músicos e convidados especiais entre os que se inclúen Carmen París (Premio Nacional de Músicas Actuais) ou Kepa Junkera (gañador dun Grammy) entre moitos outros:

Pablo Añón: saxo alto / Rubén Barros: guitarra / José Ramón Bugliot: chifre / Carlos Calviño: guitarra / Pablo Castaño: saxo alto / Javier Cedrón: violín / Alberto Conde: piano / Sergio Delgado: teclados / Jacobo de Miguel: piano / William Díaz: trombón / Xabier Díaz: voz / Toño Domínguez: voz / Xurxo Fernandes: voz / Edelmiro Fernández: gaita / Jesús Manuel Fernández: voz / Fernando Froján: trombón / Guadi Galego: voz / Carlos García Amigo: cello / Steve Harriswangler: fagot / Kepa Junkera: trikitixa / Pedro Lamas: saxo soprano / Conny Lechner: frauta / Ignacio López: tuba / Xocas Meijide: clarinete baixo / Xosé Miguélez: saxo tenor / José Luis Miranda: trombón / Alfonso Morán: contrabaixo / Faustino Núñez: trombón baixo / Toño Otero: saxo tenor / Carmen París: voz / Quique Peón: voz / Javier Pereiro: trompeta / Abe Rábade: piano / Héctor Rey: clarinete / Ton Risco: vibráfono / Nicolau Rodríguez: trompeta / Rodrigo Romaní: arpa / Xosé Lois Romero: percusións tradicionais / Rubén Salvador: trompeta / Adrián Silva: frauta / José Somoza: trompeta / Roberto Somoza: dirección / Aleix Tobías: batería / Suso Vaamonde: pandeireta / Alfredo Varela: trompa / Javier Feijoó “Xisco”: voz.

VAAMONDE, LAMAS E ROMERO

Premiados na categoría de FOLQUE


Xesús Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres músicos sen os que a música galega actual non se podería entender. As súas traxectorias individuais abranguen dende a música de raíz ata o folk, a fusión ou o jazz, pasando pola docencia, a composición e dirección musical ou a publicación de partituras, e están ligados a algúns dos mellores momentos e artistas da música galega recente (Nova Galega de Danza, Fuxan os Ventos, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Susana Seivane, Uxía, aCadaCanto, Luvas Verdes, Quique Peón Cía, Faltriqueira, Guadi Galego, Kepa Junkera, Galeoke, Orquestra de Jazz de Galicia, Leilía, Pel e Madeira...), cos que teñen viaxado por varios continentes, dende Xordania a Nova Iorque, pasando por Zimbabwe ou Bos Aires.

En 2006 deciden unir talentos para amosar a súa particular visión da música popular. Unha campechana posta en escena que combina a partes iguais música e retranca, xogando cos prexuizos e rachando cos tópicos, co unico obxectivo de pasalo ben, eles e o público. Un novo estilo musical que eles bautizaron como “Tradicomedia”.

Teñen editados dous discos, “Vellas artes” (2008) e o CD-DVD “O tambor de prata” (2011), no que se inclúe o concerto en directo coa Banda Municipal da Coruña, con arranxos compostos para a ocasión por Roberto Somoza.

Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor. Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise.

Mutant

Premiados na categoría de METAL


Mutant se formó en 2007 como Mutant Squad, e inmediatamente llamó la atención del público por la calidad de sus directos y lo aplastante de su sonido siendo solo tres chavales sobre el escenario. Tras curtirse en la escena underground de Galicia y alrededores, en 2009 llega el primer esfuerzo discográfico en forma de EP, que sentó la base de su identidad con los primeros temas que componía la banda. Este EP y su respuesta llamaron la atención del sello Suspiria Records, que lanzaría en 2012 un segundo EP, Social Misfits. En esta nueva grabación, Mutant partía de aquella base de thrash europeo pero comenzaba a añadir ya su seña personal de estructuras complejas y recursos de otros estilos más intrincados, alejándose de aquel estilo más visceral y adolescente de los inicios a la vez que los tres músicos dominaban cada vez más sus instrumentos. Además, durante esta grabación comenzaba una duradera relación con el productor Pedro Mendes (Ultrasound Studios, Braga, PT) que se convertirá en un apoyo importante para la banda.

Pero otro EP no era suficiente ni para la banda ni para su público, por lo que en 2013 llegó Titanomakhia, un trabajo de larga duración en el que por fin Mutant podía desarrollar más a fondo sus ideas y, sin olvidar sus inicios, comienza a entrar en terrenos groove y progresivos, subiendo peldaños tanto en estudio con Pedro Mendes como en directo. Este álbum los lleva por toda España, y acabarán compartiendo escenario con bandas de la talla de Evile, Angelus Apatrida, Vita Imana, Crisix, Mnemic, Slayer, Lamb of God o Trivium en salas y festivales como el Resurrection Fest o el portugués Vagos Open Air.

Durante la primera mitad de 2015, Mutant acudirá de nuevo a Pedro Mendes para grabar un segundo disco. Pleiades llega finalmente en enero de 2016 tras un largo año de cambios para el trío. Manuel de Mallos, bajista desde los inicios, abandona la formación para dar paso a Xalo González, quien además del bajo se ocupará también de la voz junto al guitarrista Pla Vinseiro, permitiendo la entrada de nuevos matices y rangos vocales hasta ahora nunca explorados por el grupo. Estas turbulencias traen también un cambio de nombre e imagen, y el trío pasará a llamarse definitivamente Mutant.

Pleiades es un gran reflejo de la creatividad y el conocimiento adquiridos a lo largo de los últimos años de carretera, y en estos ocho temas se vuelca un cambio de ideas y actitud hacia una etapa mucho más madura. Lejos de los convencionalismos de un álbum conceptual clásico, este segundo disco es mucho más amplio y rico, con nuevos colores que añadir a la paleta mutante que alcanzarán todo su potencial cuando el trío los lleve al directo. 

The Lakazans

Premiados na categoría de BLUES / FUNK / SOUL


The Lákazans regresa para quedarse. Dous anos tardaron en entrar de novo no estudio para plasmar o seu terceiro traballo discográfico que non fai máis que consolidar o seu talento compositivo. En ‘Sandwina’ Sabela King, Benja Vázquez e Almudena Gómez, volven tomar as rendas das melodías e as letras nun disco co máis puro son característico da banda, que abre o seu espectro blues todavía máis aínda á música americana, resolvendo con incríble facilidade en rockabillies, countries, souls e swings que non deixarán indiferente a ninguén.

Sandwina é un disco de intencións, capitaneado pola muller máis forte do mundo. Nel, preténdese debuxar ó redor da figura de Kate Brumbwach, unha vienesa do século XIX adicada ao mundo do circo, a importancia do empoderamento real da muller. É a muller a que compón todas as letras de ‘Sandwina’ e a que leva o fio narrativo do disco, confrontando sentimentos de dor e adversidade con afouteza e poder. É a muller, por partida doble, quen lidera la banda e quen lle otorga o seu rasgo distintivo e é por esto, que chegou Sandwina e ocupou a súa portada dun xeito natural, como símbolo de recoñecemento ante unha realidade para The Lákazans. 

 

SILVIA PENIDE

Premiados na categoría de POP / INDIE


Silvia Penide é unha autora e intérprete de cancións moi directas, un pop de autor que conecta co público polos seus matices e a súa particular forma de entender tanto os arranxos de estudio como os directos con ou sen banda.

Tras o seu EP "Las Erres Dobles" gravado con Juan de Dios Martín, produtor entre outros de Amaral e o seu disco "Animal de Compañía", Silvia Penide dá un paso máis aló conseguindo estar en boca de moitos con boas críticas e mencións en publicacións como Mondo Sonoro ou Rolling Stone, soando en Radio3 ou M80 entre outros.

Tras compartir escenario con artistas da talla de Annie B. Sweet, Mäbu, Mercedes Peón,... En xaneiro de 2016 estrea "TODO PINTADO DE PLATA" o seu novo traballo no que participa como co-produtor musical Felix Arias (que é o 50% de "Lovely Lúa" xunto con Xoel López), gravado por Celso Madriñán (recoñecido músico galego que participou como guitarrista en xira con Marlango entre outros) e producido conxuntamente con Arturo Vaquero (Nomeado a un Premio Goya á mellor canción orixinal).

Silvia segue a súa ascendente traxectoria tras  actuar no "Festival de la Luz" que amadrina Luz Casal e formar parte en Madrid dos "Escenarios Cómplices de Mahou" onde se atopaban grupos como Los Secretos ou A Fuga no ano 2015.

En cada concerto de Silvia Penide destaca a súa calidade artística que cautiva a un público cada vez máis numeroso que nunca queda indiferente.

Brinca Vai!

Premiados na categoría de MÚSICA INFANTIL


Brinca Vai! é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por
Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e
rexistros máis divertidos.
Acompañade ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina”
nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a
poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa
lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e
amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.
Brinca Vai! ,está deseñado para adaptarse a calquera espazo: escolas, bibliotecas,
auditorios, rúas, prazas, vilas, aldeas…. Viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou
simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas!
 

Banda Crebinsky

Premiados na categoría de MÚSICAS DO MUNDO


Banda Crebinsky é unha pequena orquestra popular xurdida dun universo

imaxinario, fuxida do filme Crebinsky. Do mesmo modo, as súas músicas nacen

como banda sonora e saltando da pantalla, corren ás rúas e os escenarios,

crecendo e desenvolvéndose con grande enerxía. Unha historia ben interesante.

Se houbese que etiquetar o seu estilo, pronto nos veriamos en serias dificultades.

Con todo, podemos arriscar algunhas expresións como "composicións eclécticas-

delirantes próximas á world music ou ben "música popular dun país inexistente"

que nos aproximaría algo á realidade. Da súa escoita reflexiva se evidencia un

traballo musical de gran calidade, cheo de detalles e minucioso, tanto a nivel

compositivo como de interpretación. Non obstante, é case imposible escoitar todo

o seu espectáculo de xeito reflexivo, pois a contaxiosa vitalidade que transmite

Banda Crebinsky invita a festa sen paliativos.

No 2010, sacan o seu primeiro disco titulado " Banda Crebinsky", cos temas

da B.S.O composta por Pablo Pérez da película Crebinsky, dirixida por Enrique Otero. A partir deste momento comezan a ofrecer concertos en diversos formatos: Universo Crebinsky ( película con actuación da Banda), Banda Crebinsky... participando en eventos como XXVI e XXIX Festival Intercéltico de Ortigueira, Festival de Cine de Málaga, Ciclo de concertos "Veranos de la Villa" no Teatro Conde Duque (Madrid), ou o Teatro Majestic Passy (Paris), Festival da Luz, ou Tom de Festa ( Portugal) entre outros.

Á súa vez as composicións conseguen os seguintes premios;

Mellor Música Orixinal do Festival Internacional de Cine de Toulouse en 2011

Mellor Música Orixinal do Festival Internacional de Cine de Oaxaca ( México) en 2011

Mellor Videoclip nos Premios Mestre Mateo en 2013 por ¨Un piatto¨

Ademáis de diversas nominacións como aos "Premios da música independente", ou "

Premios Mestre Mateo"

Tamén no 2011 reeditan con Boa Music un DVD que inclúe a película, a BSO e un directo

que a Banda Crebinsky ofertou en outubro de 2010 no Teatro Principal de Pontevedra.

En Marzo do 2012 sae á venda o seu segundo disco " Jet Lag", publicado por Boa Música,

no que a Banda opta por un son máis ecléctico e directo,rápido no cambio d estilos,

tempos,franxas horarias, culturas e idiomas nunha viaxe a un mundo en constante metamorfose.

Gravan o videoclip de ¨Un piatto" dirixido por Enrique Otero para o Festival de Cine

de Cans. Os concertos realizados no Festigal 2012, Ortigueira 2013 e Festival da Luz son emitidos pola canle de televisión R.

 

Compoñentes:

Pablo Pérez Sanmamed (composición e contrabaixo), Sergio Zearreta (voz), Vadim Yukhnévich (voz e baián), Enrique Otero (teclados e voz)FernandoAbreu (clarinete,mandolina e voz) ou Xacobe Lamas (violín) Miguel Queixas (batería),Pablo Carrera (Guitarra).

Vertixe Sonora Ensemble

Premiados na categoría de MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA


VERTIXE SONORA ENSEMBLE é un dos colectivos máis destacados na súa aposta pola nova música contemporánea e pola súa divulgación entre públicos amplos. Desde hai cinco anos leva a cabo un traballo en dobre dirección: por unha banda, ofrécelles a compositores emerxentes unha plataforma para desenvolver os seus proxectos (máis de 70 estreas absolutas realizadas ata o momento); e, por outra, procura a fidelización de novas audiencias para a música contemporánea. Dentro da súa estrutura desenvolve o Instituto Galego de Sonoloxía (IGS).
O 2015 levou a Vertixe Sonora como principal ensemble convidado a importantes festivais de música contemporánea como Festival Mixtur (Barcelona), Mostra Sonora (Sueca) ou XXXVI Encontre Internacional de Compositors (Mallorca) e nunha xira internacional que incluíu, entre outros lugares, o exitoso paso polo festival CSUF New Music Series (California) e o XII Festival Internacional Música Nueva (Monterrey). O 2016 iniciouse para Vertixe con novas invitacións para xiras internacionais que complementan unha programación estable que desenvolve en diferentes ciclos; Música e Arte no CGAC, Doaudible en 4 cidades galegas, sonUTopias da USC, Ciclo de Música Contemporánea de Lugo - MIHL Sons XXI e vertixeVigo. Este intenso traballo, que constitúe toda unha revolución no eido da música contemporánea en Galicia, foi obxecto de tratamento nun film-documental: Correspondencias Sonoras de Manuel del Río.

 

AUDIOS:

Xoán-Xil López (Sarria, 1972): FLAME (2014) Frauta, saxofón, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica

Jacobo Gaspar (Mos, 1975): Sombras de inverno II (2012-13) frauta, saxofón, violoncello, piano, percusión e electrónica

 

VERTIXE SONORA ENSEMBLE:
Pablo Coello, dirección musical
Ramón Souto, director artístico

 

WEB:
http://vertixesonora.net

CROMA

Premiados na categoría de ELECTRÓNICA


Croma é o proxecto de música electrónica de Alfredo Regos García (Ordes, A Coruña - 1979).

Croma editou a súa música cos sellos Brain Washer Records (Francia), MMAN Records (Austria), Metalectro (U.K.), On Your Mind Recors (España), entre outros.

Os seu directo caracterízase por unha enerxética posta en escea e actitude no escenario, para ofrecernos o electro máis bailable e contundente.

Ademáis de Dj e  productor, Alfredo tamén da vida a outros proxectos na súa faceta de productor e de técnico de son en Rapapoulo Estudio (grabacións, mesturas e outras produccións para outras bandas e mc´s, membro de Decepticons, colaboracións con Dios ke te Crew, etc); A súa música acompaña tamén diferentes audiovisuais (A ceo aberto de Xosé Bocixa, os Mundiais de Slackline da empresa Gibbon, entre  outros). Acaba de lanzar o seu propio selo discográfico "Casa de La Guasa Records", donde edita moitos dos seus propios traballos.

Croma é ademáis técnico en produccións audivisuais, radio, tv e espectáculos.

Escoita os seus traballos en https://www.cromamusic.com

 

 

O Fiadeiro

Premiados na categoría de MÚSICA TRADICIONAL GALEGA


O Grupo para a Recuperación de Bailes, Músicas e Cantares Tradicionais O Fiadeiro, comprende un total de cinco agrupacións que traballan baseándose no estudo e representación artístico-escénica do noso folclore tradicional tal e como nos foi legado polos nosos maiores. Trátase dun total de cincuenta persoas aproximadamente distribuídas entre os grupos de acompañemento (pandereteiras , pandereteiros, charanga e orquestra) e grupo de baile.

A Agrupación de Danzas Tradicionais O Fiadeiro está composto por dez parellas de baile, interpretan danzas recuperadas das catro provincias galegas cos seus vestiarios propios e todo tipo de complementos. Teñen acadado numerosos premios en diversos concursos e certames. 

Esta agrupación ven de participar en eventos tan importantes como diversos programas de televisión, espectáculos en diversas localidades do Estado español aínda que máis destacable é a súa participación no VII Encontro para a promoción e difusión do patrimonio inmaterial dos Países Iberoamericanos en Venezuela, en varias edicións do Festival Intercéltico de Lorient na Bretaña Francesa así como no Festival Intercéltico “Céltica” celebrado no val italiano de Aosta. Tamén é salientable para O Fiadeiro a organización da gala bianual denominada “Esta Noite Hai Unha Fía” que xa vai pola sua oitava edición.

Podemos destacar, entre os seus traballos, diversas publicacións: "A Viaxe de José do Campo" (Libro+cd), O Fiadeiro (CD), De Oficios e labores Vol.1 (música en formato USB), VI Gala "Esta noite hai unha fía" (DVD), "Esta noite hai unha fía", Gala 10 aniversario (DVD)