ARQUIVO

Edicións anteriores

Estes son os proxectos premiados nas anteriores edicións dos Premios Martín Códax da Música. Bótalles un ollo!

VER TODOS


CATEGORÍAS MUSICAIS

  • ROCK
  • REGGAE / SKA / MESTIZAXE
  • CANCIÓN DE AUTOR/A
  • ELECTRÓNICA
  • BLUES / FUNK / SOUL
  • POP / INDIE
  • MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA
  • ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA
  • COROS E GRUPOS VOCAIS
  • HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS
  • MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
  • MÚSICAS DO MUNDO
  • MÚSICA INFANTIL
  • METAL
  • JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS
  • FOLQUE

ORGANISTRUM

  • ESPAZOS DE COMUNICACIÓN MUSICAL
  • FESTIVAIS
  • SALAS

VooDoo

Premiados na categoría de BLUES / FUNK / SOUL


VooDoo é música, VooDoo é maxia. VooDoo é a electricidade que corre entre os dedos. Un coidado proxecto musical do que forman parte: Maritxinha Gómez (Baixo) e Belém Tajes (Teclado e Voz).

VooDoo é unha serpe que se move entre o Acid Jazz e o Soul, entre o R&B e o Rock e crece a través da curiosidade pola música, por escoitar e perseguir infinitamente o tempo e os silencios. 

A música de VooDoo, é trascendental, feita con mimo para "grandespequenos" momentos de almas que escoitan e non teñen parada. Unha fusión de estilos. VooDoo é o encontró dos espíritus do son

SURFING THE LÉREZ

Premiados na categoría de FESTIVAIS


Xa van seis edición do festival.

A primeira realizouse na SALA KARMA de Pontevedra, a seguinte pola zona vella de Pontevedra e despois xa na ILLA DO COVO, máis coñecida como ILLA DAS ESCULTURAS.

A edición do 2016, celebrouse o venres 17, so de tarde, na que participaron as seguintes bandas: LOS CHAVALES, SAMESUGAS, THE PHANTOMKEYS, THE LIMBOOS e TRACTOR TROY, todo unido a actividades infantís, cun mercadillo emerexente de máis de 40 postos e a zona de comida formada por FOOD TRUCKS.

O sábado, a xornada forte, que vai dende as 12 da mañá ata as 12 da noite, xuntou a miles de persoas, que poideron desfrutar de concertos e teatro na zona infantil, A BANDA DOS CUEIROS, A BÚSQUEDA DO TESOURO DE BENITO SOTO, LIBRARÍA INFANTIL PATAKAS FRITAS,TALLERES DE FLORES E COMETAS, XAROPE TULÚ

 

Este ano o 100% das bandas eran galegas, so podemos decir que ATENCIÓN TSUNAMI, non e galega, pero formada por un pontevedrés e o resto repartido por toda a península e que a sua segunda residencia e Pontevedra.

Bandas participantes:

ANTIFRÁGIL

JHONANDER

THE PHANTOM DRAGSTERS

AGORAPHOBIA

IGLOO

THEE BLIND CROWS

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

QUERIDO EXTRAÑO

ATENCIÓN TSUNAMI

TERBUTALINA

NOVEDADES CARMINHA

FAMILIA CAAMAGNO

 

Esta edición xuntou a miles de persoas, entre familias facendo picnic e devotos das bandas ou xente que so quería pasar unha xornada o lado do rio con boa música e bo ambiente.

 

O máis importante do festival e a colaboración das persoas que colaboran, sabendo que o festival e de balde, traendo alimentos e primeiras necesidades para os máis necesitados, nesta última edición foron seis toneladas, que xunto a REDE AXUDA, servicio do concello de Pontevedra, repartese por todalas asociacións da cidade.

 

 

 

 

 

 

A Pousada das Ánimas

Premiados na categoría de SALAS


A Pousada das Ánimas é unha sala de concertos situada no Concello de Boiro (A Coruña) que leva funcionando dende o ano 1995. Nestes 25 anos de existencia construimos un espazo cultural que a través dunha amplísima programación estable de espectáculos mellorou enormemente a oferta e a wvolución cultural do territorio onde nos atopamos...Actualmente somos un axente ben recoñecido do ecosistema cultural barbanzano xa que dende unha sala privada, organizamos a maioría da oferta musical e teatral destinada a público adulto do municipio de Boiro.

Programamos de forma estable concertos e escenénicas de tódalas semanas do ano (un, dous ou os tres días da fin de semana) ata un total de 150 actuacións anuais.

Polo noso escenario pasaraon recoñecidos artistas como Iván Ferreiro, DePedro, Los Labios, Arizona Baby, The Lakazans, Freedonia, Los Coronas, Xoel López, Antonio Lizana, Nick Pride and the Pimptones, New York Ska-Jazz Ensembre (New York), Huge Magnet (Australia), Vargas Blue Band (Venezuela), Birds are Indie (Portugal), e como non, xs imprescindibles da nosa programación: Mad Martin Trío, Narf, Desalojo, Forraje, Heredeiros da Crus, Uxía, Agoraphobia, Nestor Pardo, Nastasia Zurcher, Sonia Ledebynski, The Criers&Adrián Costa, Secho y los Invisibles, Triángulo de Amor Bizarro, entre moitísimxs outrxs.

Ademáis de ser sala de concertos, queremos evolucionar, buscando explorar tamén os eidos da economía creativa e o turismo cultural. Pretendemos conseguir que o noso pobo se posicione turísticamente mediante a súa programación musical. Esta idea foi ratificada pola Federación de Empresarios do Barbanza que na última edición dos seus premios empresariais, nos concedeu o do apartado de iniciativa turística e tamén pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e o seu plan turístico, ca que desenvolvemos unha estreita colaboración.

Neste senso, a nosa programación habitual vese complementada con outras accións especiais, como por exemplo a Gala Anual dos Premios Pousadiños, actividade que aproveitamos dende hai catro anos para premiar e impulsar económicamente a artistas que pasaron durante o ano anterior pola nosa sala (votados polo público xunto cun xurado profesional), os Vermús Musicais Arousa Norte, actividade para un turismo musical, ou a Homenaxe a Javier Krahe, no 2016, onde conseguimos traer a artistas como Wyoming, López de Guereña, Palito, Albert Pla, Kamankola, Antílopez ou el Chivi entre outrxs, cos que fixemos un festival que congregou case a mil persoas e que nos deixou como testemuña e legado a figura en bronce do noso eterno amigo nas portas da Pousada das Ánimas, xusto onde o cantautor madrileño se sentara logo de dar o que á postre foi o seu último concerto.

A estatua de Krahe, como o traballo xeral da Pousada, foi cofinanciado tamén polo público a través dun proceso de microfinanciamento colectivo, por eso e pola nosa relación ca xente que acude ás programacións, decimos que a nosa forma de traballar é facer comunicade co público, onde todxs nos sentimos parte dunha experiencia cultural e vital común de máis de vinte anos.

En definitiva, coa presentacións aos Premios Martín Códax buscamos un aliciente para seguir con esta liña de traballo, difundir a nosa aposta pola cultura no seu senso máis amplo e continuar impulsando a música galega e do mundo. Pois non só de concertos viven os grupos, senón tamén do compromiso dxs promotores e do público.

Fotografías feitas por PixelínPhoto e A Fiestra.

Zig Zag

Premiados na categoría de TV


Zigzag Diario presentará unha dobre estrutura: Por un lado, contará cunha primeira parte dedicada integramente ás noticias máis salientables do día relativas á actualidade cultural galega. O segundo tramo do programa afondará cada día nun aspecto distinto da realidade cultural. Así, o luns estará dedicado aos libros; o martes ás tendencias, entre as que se inclúen pintura, escultura, arquitectura, interiorismo, moda, etc.; o mércores será protagonista a música; o xoves será a quenda da actualidade cinematográfica; e o venres ofrecerase información sobre as artes escénicas, deste o teatro e a danza ata o cabaré. Ademais, cada día realizarase unha entrevista en directo no estudio de gravación a algún personaxe relacionado co tema analizado esa xornada. Cada sección contará tamén cunha axenda semanal e o venres ofrecerase unha axenda xenérica das propostas culturais máis destacadas da fin de semana.

García Mc

Premiados na categoría de HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS


García Mc comeza rapeando letras propias con 13 anos. Ao pouco, aínda na adolescencia, pasa a formar parte do proxecto musical rapeiro Ghamberros, editando un traballo discográfico en 2004 ao remate desta aventura. É ademais un dos fundadores do Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew en 2003. Dende o ano 2006 ata o 2016 participa activamente tanto en Dios Ke Te Crew como no proxecto de “Foliada Rap and Punk”Labregos do Tempo dos Sputniks así como na súa iniciativa en solitario. Ten a súa pegada en ducias de discos de grupos eclécticos da música galega contemporánea. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira e formou parte da Banda Fura Fura (Homenaxe ao Zeca Afonso). En 2012 edita ABAIXO E DE PÉ (VIR) realizando unha ampla xira de presentación tamén en México. Levou o seu Rap en Galego a lugares como Dinamarca, Guiné–Bissau ou Portugal. Entende a música como unha ferramenta máis de intervención social e ponte entre culturas. En Decembro de 2013 lanza ABAIXO E DE REMIX remesturas de Abaixo e de Pé a cargo dos produtores musicais máis destacados de Galicia. A comezos de 2016 sae á rúa “Libremente” traballo discográfico que da peche a unha década de andaina de Labregos do Tempo dos Sputniks. É un referente do Rap en Galicia, o que o leva a estar traballando nunha nova iniciativa que comeza no Womex 2016 en Santiago de Compostela, impulsando definitivamente a súa destacada carreira musical internacionalmente. Ten alma de comunicador, de divulgador e de embaixador cultural ademais de ser educador independente impartindo Obradoiros e Conferencias de Cultura Hip Hop desde fai máis dunha década. En xaneiro deste ano edita o primeiro single-clip da súa nova andaina en cooperación cos recoñecidos  productores musicais escandinavos Life & Death, un tema gravado e mesturado por Hevi (Malandrómeda) no que colabora o tamén Mc GatoPersa. Atopase actualmente poñendo en marcha a xira "Quilombo Tour" na que estará acompañado por unha banda. Ao longo deste ano irán saíndo novos temas con soporte audiovisual que seguro sorprenderán. El é García Mc...

María Fumaça - As que máis molan!

Premiados na categoría de MÚSICA INFANTIL


María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida, que procura a posta en valor da inclusión, da diversidade. Para conseguilo, Rui, con diversidade funcional, convírtese no noso maquinista e protagonista da nosa historia e vainos guiando e levando da mán polo percorrido de cancións do noso repertorio, acompañado de Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Santiago Cribeiro, Tanxarina, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos.

Súbete a María Fumaça, o tren máis festeiro que nunca houbo, para contaxiar con nós alegría

Os d'Abaixo

Premiados na categoría de FOLQUE


O Grupo
Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición. O que pretenden é ofrecer unha escolma de música cargada de forza e enerxía que leve ao baile e á foliada ao xeito de antes. Son un gupo no que se atopa xente que toca por afección e leva toda a vida vencellada ao folclore galego, xunto a músicos profesionais de gran traxectoria en bandas como Berrogüetto ou Fía na Roca.


Percorrido
Os d’Abaixo teñen tocado en diversas festas e festivais de Galiza e tamén fóra dela, en lugares como o Festival de Músicas do Mundo, (maio 2012, Etxarri-Aranaz-Navarra), o festival Le Grand Bal de l’Europe (xullo 2012, Gennetines-Francia), o Festival Intercéltico de Lorient (agosto 2013, Lorient-Bretaña), e o Calan Mai, a festa da primavera celta (maio de 2014, Cardiff-Gales).
Na primavera de 2014 edítase o primeiro disco do grupo “Ao vivo en Lorient”, que recolle 16 pezas gravadas nos concertos feitos en 2013 neste festival bretón. Nesta primavera de 2017 sae á luz o seu segundo disco “Quixera ser dos paxaros”, o primeiro gravado en estudio e no que se recollen unha maioría de temas inéditos para o folc galego, resultado dun gran traballo de investigación por parte de Xosé Ramón Vázquez, acordeonista do grupo.

LEBEDYNSKI

Premiados na categoría de CANCIÓN DE AUTOR/A


Sonia bota a andar a súa carreira en solitario con "Deserto de centos" logo de ser a "front woman" de Fía na Roca e colaborar en múltiples iniciativas musicais. Estamos diante dun disco de autora que xunto co seu director musical Sérgio Tannus forneou, é o resultado de todas as músicas das que foi bebendo ao longo da súa traxectoria musical e vital: trad, folc, funk, pop, música brasileira...

"Deserto de centos" é unha viaxe iniciática cara a un horizonte por descubrir. É o sedimento das músicas escoitadas e cantadas, dos proxectos dos que formou parte, das persoas e dos lugares que coñeceu, dos versos que leu e escribiu. Aí está todo o seu universo sonoro e vital.

Unha aposta atrevida e moi persoal na que está acompañada na parte creativa por colabodores destacados da música galega, como Xosé Lois Romero, Guadi Galego, Uxía e Óscar Losada, en letras, músicas e arranxos.

TRAXECTORIA

O seu contacto coa música comeza sendo moi nova da man do seu pai de quen aprende as súas primeiras cancións. Iníciase na música tradicional galega e o folc. Con 13 anos era a voz solista de "Vai-te embora!", a súa primeira formación.

A súa versatilidade interpretativa lévaa a formar parte de propostas musicais moi diversas. Ten colaborado en múltiples proxectos como Son Delas, Ball Cans, Sete Saias, Voces da Musa, Asociación Cultural Barbantía, Conservatorio Tradicional e Folque de Lalín, Sereas e participado nos traballos discográficos de Fía na Roca, Susana Seivane, Camaxe, Seare, Asoc. Galega de Gaiteiros Galegos, Brañas Folk, Enrique Paisal ou Sérgio Tannus.

Moi vencellada á creación de música para xente miuda colaborou coa Asoc. de Gaiteiros Galegos no libro disco Pelo Gato. No 2015 colaborou nos proxectos de música infantil "Non hai berce como o colo" editado por Kalandraka e "Alegría" da editorial Galaxia, ademáis de "O tempo dos xogos", editado polo mesmo selo, cuxos autores son da Escola de Música de Boiro, á que sempre estivo moi vencellada desde a súa creación. Participou no filme do grupo canadiano "La Bottine Souriante" sobre a súa xira por europa.

Os Amigos dos Músicos

Premiados na categoría de POP / INDIE


Os Amigos dos Músicos recollen no seu primeiro disco un conxunto de cancións nas que xuntan o propio co alleo para dar forma a un discurso fragmentado, no que as distintas voces se van sucedendo, mais no que aos poucos vai emerxendo a coherencia do horizonte.

A banda, que sempre buscou referentes na canción popular galega, establece con este álbum un compás para dirixirse en tal singradura. As coordenadas que, dun xeito simbólico mais tamén obxectivo, marcan Curros Enríquez, Suso Vaamonde, Manuel María e Luis Emilio Batallán son o risón que permite pararse e levantar a vista, mais só para proseguir a viaxe. Unha mostra deste ánimo de descuberta son os seus concertos, nos que Os Amigos dos Músicos presentan o seu amplo rexistro musical a través da sutileza dos cambios de dinámica e a mestura das distintas voces que compoñen a banda.

Despois dun tempo percorrendo os palcos do país, Os Amigos dos Músicos presentan un traballo que máis que un resumo do anterior pretende ser unha introdución a un tempo novo.

ALBERTO VILAS "UNIVERSO LEM"

Premiados na categoría de MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA


Posiblemente unha das características que mellor poden definir ao compositor e pianista Alberto Vilas é a súa versatilidade,non dubidando nunca en adentrarse en novos xéneros que poidan aportar algo novo a súa música e rexeitando a especialización nun só deles polo que se lle pode escoitar en proxectos moi diferentes entre sí.

Remata os seus estudos de piano e composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo na primeira metade da década dos 90 do século pasado. Foi alí onde entrou en contacto por primeira vez cos compositores e as músicas contemporáneas do SXX quedando moi impresionado coas novas sonoridades que ía descubrindo sí coma da ruptura formal e outros aspectos propios desta música. Esto levaríao a realizar cursos de especialización de música e grafías contemporáneas entre os que destaca os realizados coa pianista francesa Martin Joste, colaboradora de John Cage, a través dos cales acabaría comprendendo mellor esta música e que deixarían unha forte pegada na súa creatividade. Á súa vez afondará no estudo do Jazz e entre outras moitas cousas recibira consellos e asistirá a Master-Class sobre improvisación libre, algo que tamén será fundamental para a realización deste proxecto.

A fináis do ano 2014 ,provocado polo seu amigo o fotógrafo Juan L. Amado,comezan un proxecto xuntos coa intención de explorar e procurar mundos imposibles e descoñecidos. A proposta consiste en compoñer obras baseadas ou inspiradas en series fotográficas de Juan L.Amado e outras veces en adaptar imaxes do fotógrafo ás pezas compostas polo pianista, non hai un criterio preestablecido para este proxecto. Baseadas nun primeiro momento na ciencia ficción das novelas de Stanislav Lem crean "UNIVERSO LEM" ,título que serve a súa vez de homenaxe ao autor de "Solaris". Estas composicións con entidade propia por separado, tanto a música coma as imaxes teñen a capacidade de transmitir e comunicar sensacións sen necesidade de estar xuntas e funcionan o mesmo deste xeito que fundidas nunha soa peza. Logo de "Universo Lem" virán novas pezas: Abstracción. Apotegmas, Pleonasmo... e a cousa non remata aquí porque o proxecto continúa vivo e a búsqueda tamén.

Este proxecto permite a Alberto Vilas crear e desenvolverse nunha linguaxe que sería moi difícil levar adiante noutros xéneros dun xeito tan claro e explorar novas formas de composición combinando elementos creativos novos con improvisación libre. Así mesmo dalle moita liberdade á hora de explorar novas sonoridades e timbres no piano,porque temos que lembrar que é unha obra eminentemente pianística e permítelle romper cas formas e estructuras tradicionáis. É unha búsqueda infinita , sen preconceitos que o convirten nesta faceta da súa creatividade máis ca en nengunha outra nun buscador, nun explorador de posibilidades.

Alberto Vilas non concibe o mundo da arte e da música se non é creativo e é precisamente a creatividade o motor principal da súa actividade musical.

 

Pálida

Premiados na categoría de ELECTRÓNICA


Pálida es un proyecto de música electrónica ecléctico e hiperactivo, centrado en un directo siempre mutante, que tras varios ep´s y tres largos (el tercero y última referencia hasta la fecha, "The Clutch" fue editado el pasado Diciembre).

Su música, una indefinible amalgama de referencias que se solapan y retroalimentan, alcanzando su máxima expresión en sus intensos directos, en los que las fronteras entre temas se diluyen y difuminan bajo un manto de psicodelia, ruido y bucles dentro de bucles que a su vez forman bucles mayores.

 

Cuarteto Caramuxo

Premiados na categoría de FOLQUE



Representantes do novo folque que se fai na Galiza e cunha longa carreira chea de recoñecementos, o Cuarteto Caramuxo está formado polos clarinetistas Felipe Agell, Oscar Prieto, Xoán Carlos Vázquez e Fernando Abreu, a percusionista Patricia Cela e Marcos Padrón no acordeón.
 

Teñen publicados dous traballos discográficos: "Tiruriru" (Falcatruada) editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza logo de ploclamarse gañadores do seu concurso "Cancioneiros", e "Arrieiros Somos" (Nakra, 2015) producido polo propio grupo e no que continuan na súa liña de reinterpretación das melodías recollidas na parte menos coñecida do Cancioneiro de Casto Sampedro.

Ademais da súa vertente musical, o cuarteto destaca tamén polas súas propostas escénicas tanto para adultos ("Vento Mareiro", espectáculo polo que foron recoñecidos cun Premio María Casares de Teatro e "Vigo é Música") ou espectáculos infantís ("O Calcetín Amarelo" e "A Ratiña Laranxa").

Premiados na II Edición dos Premios Martín Codax da Música na categoría Folque, teñen actuado en algúns dos mais prestixiosos festivais de world music en España (Ortihgueira, Pirineos Sur) e mais aló dos Pirineos (Lorient, Toulouse). Recentemente foron seleccionados para o concerto de abertura da feira WOMEX celebrado en Santiago de Compostela.

Agoraphobia

Premiados na categoría de ROCK


Agoraphobia vuelve con fuerza. Tan sólo un año y medio desde el lanzamiento de su EP debut ‘Dirty little things’, esta joven banda de indie rock publica ‘Ready to Play’, preparada para dar el gran salto a la escena internacional. Grabado y autoproducido íntegramente en los estudios Nakra (A Coruña), Agoraphobia perfila un sonido mucho más personal y maduro que las sitúan como sólidas candidatas a hacerse un hueco en el panorama musical nacional. Contundencia y distorsión son el nexo entre cinco temas directos y homogéneos fieles a su principio de narrar historias y crear universos sonoros paralelos que confluyen en un único objetivo: hacer bailar a la gente.

Su background es su mejor aval. Ganar el ‘Vodafoneyu Music Talent’ en el año 2013 fue el comienzo de su meteórica carrera. En el 2014, giraron por por toda España con artistas como Delorean, Lory Meyers, The Zombie Kids o Russian Red. El 2015 las llevó al South by Southwest (SXSW),Texas, la feria musical donde se dan cita las bandas noveles más relevantes de todo el mundo. Allí cosecharon un éxito muy por encima de las expectativas iniciales abriendo camino para nuevas oportunidades en otros países.Tanto ha sido, que repetirán en marzo del 2016. Agoraphobia puso el broche de oro a su debut con un verano plagado de conciertos entre los que caben destacar citas en el Portamérica o el Shikillo Festival o el Festival de la Luz.

 

Con ‘Ready to Play’ consiguieron el respaldo de sus seguidores. El masivo apoyo al crowdfunding iniciado por el grupo en Verkami, no sólo supuso la viabilidad económica de su proyecto sino también la imprescindible inyección de adrenalina necesaria para afrontar el tan definitorio segundo trabajo discográfico. Gracias a este segundo EP, recorrieron toda la península después de haber sido seleccionadas en el prestigioso circuito ‘Girando por salas’ en su sexta edición. Ciudades como Madrid, Palencia, Bilbao o Burgos, fueron testigos de su aplastante directo, que se ha convertido en su seña de identidad por excelencia y que les ha valido para tener confirmadas ya algunas citas en grandes festivales para el 2017.

Acaban de terminar su gira ‘Brave Faneca Tour’ que las ha llevado por todo el país durante los meses de septiembre a diciembre pasados. Más de 20 conciertos con un balance más que positivo. Invitadas por tercer año consecutivo a participar en el SXSW (South by South West) se retiran ahora para componer para el que será su primer LP que verá la luz a finales del 2017. Su última actuación fue en los Directos de Radio 3.

Con una base altamente explosiva, la presión sobre el escenario es el mejor colchón para unas guitarras poderosas y contundentes. Entre ellas, se hace hueco la personalísima voz de Susana, con un carácter arrollador que seduce a la audiencia más exigente.

 

 

O SONORO MAXÍN

Premiados na categoría de REGGAE / SKA / MESTIZAXE


A festa galópalles polas veas. En cada un dos seus concertos, estoupa a Galicia tropical. No 2011, O Sonoro Maxín publicou o seu primeiro disco e iniciou unha ampla xira titulada A Onda Sonora (chega do interior). Con A festa son eu!!, o grupo dera un paso máis na súa carreira para ofrecerlles aos seus espectadores un intenso directo, no que se deron a coñecer novas cancións e co que O Sonoro Maxín demostrarán que, a súa onda, non deixa de se espallar nin de medrar e tampouco de sorprender. Agora, no 2017, chega un novo traballo co título Sete Dezasete na mesma liña cós anteriores: garantir a festa e ritmos que quenten o corpo desde a identidade galega.

 

Áureas en Voga

Premiados na categoría de ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA


O traballo de cinco músicas e unha directora escénica conflúen na creación deste proxecto.

Áureas é un "Conxunto Internacional" dos anos '20 no que ventos, cordas, voces e batería interpretan os ritmos bailables de moda nos comezos do século pasado.

Na ficción Áureas son cinco mulleres músicas e migrantes que se coñecen nun barco e deciden formar un Conxunto Internacional.

APHONNIC

Premiados na categoría de METAL


INDOMABLES e o quinto disco dos Vigueses Aphonnic, once temas donde agresividade e melodía dan vida, corpo e alma a un sentimento capaz de deixar marca en nos; un tour de forcé para que o cotidian transcenda do abitual e que nos sirve pra ser protagonistas dun metal atemporal como e potente.

Pra este novo largo Aphonnic optan pola mesma vida coseu antecesor, mesma prespectiva para poder estreitar mais ainda a liña entre o grupo e o público e onde a mediados do 2016 embarcan nunha campaña de crowdfunding, apenas 15 dias dos 40 que ofrece Verkami cheganlle o grupo vigues para acadar os 10000€ que pedian, isto e un gran impulso e revulsivo que move o cuarteto a contar cun apartado técnico de luxo, producción de novo a cargo do Portugués Vasco Ramos (More Than a Thousand, Hell Have Eyes)  , grabado en Mafia Records (Carballiño) e mesturazo e masterizado nos Fredman Studios polo Sr Fredick Nostrom (BMTH, AT THE GATES, ARCH ENEMY etrc etc)  

Con Ombligos arranca este novo quinto disco, un riff cortante e que presenta outra volta de torca o estilo de Aphonnic, un achegamento por terreos mais contundentes que enlaza a perfección co tanden " Cunfia" o a desgarradora "Fruta Fresca" un dos temas mais vicerales deste disco, sen embargo, este disco ten grandes diamamntes como "Aquellos Maravillosos" ou perla coma "Honrada Avestruz", ambas chamadas a converterse en clásicos do repertorio de directo, ou incluso "Sol de Abril" oonde Aphonnic brillan con luz propia, auténticas cancións dotada de vida propia.

Pouco mais que engadir, un disco sen fisuras e con un son tremendo, non teñas medo de seguir, escoita Aphonnic e desfruta destas cancións, A SORTE ESTÁ COS QUE NON SE RENDEN.

Iago Fernández "Brisa"

Premiados na categoría de JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS


Iago Fernández (Cangas, 1987) formouse entre Cangas (percusión clásica) e Pontevedra (Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra) para despois graduarse noCentro Superior de Música del País Vasco, Musikene” (Matrícula de honra na especialidade de jazz-batería), onde recibiu clases de Jorge Rossy, Jo Krause, Albert Sanz e Guillermo Klein entre outros. Dende os 20 anos toca con regularidade nos festivais e clubes de jazz da Península Ibérica , ademáis de esporádicos traballos por Europa, colaborando con músicos como: Avishai Cohen (trompeta), Omer Avital, Perico Sambeat, Marcus Strickland, Lage Lund, Masa Kamaguchi, Javier Colina, Albert Sanz, Chris Kase, Jorge Rossy, Guillermo Klein, Jesús Santandreu, Logan Richardson, Ben van Gelder ou Petros Klampanis entre moitos outros. Iago gravou máis de vinte traballos como colaborador e tres discos ao seu nome: Agromando (2011), Acougo (2015) e Brisa (2016), recén publicado polo prestixioso selo barcelonés Fresh Sound New Talent. Para este terceiro traballo, Iago rodeouse duns músicos polos que sinte real admiración e moita complicidade e conexión no escenario: Enrique Oliver (saxo tenor), Wilfried Wilde (guitarra) e Reinier Elizarde "El Negrón" (contrabaixo). Tamén colaboraron no disco Xan Campos (Fender Rhodes), Zé Pedro Coelho (saxo soprano e clarinete baixo) e Inês Sousa (voz). Os concertos do cuarteto están tendo moi boa resposta entre o público tanto en Galiza como no resto da Península Ibérica (Portugal, Andalucía, Valencia, Madrid).

Uxía **

Premiados na categoría de MÚSICAS DO MUNDO


Uxía é unha das maiores embaixadoras da música e a poesía galegas. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros. Desde a súa estrea con Foliada de marzo en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro de diferentes culturas, e creou o seu repertorio a través das suas continuas viaxes e intercambios con músicos de Brasil, Portugal, Cabo Verde ou Guinea-Bisáu, como João Afonso, Dulce Pontes, António Zambujo, Rui Veloso ou Tito Paris.

Publicou 12 discos, polos que recebeu importantes recoñecementos, entre os que destacan o Premio da Crítica Galicia 2016 ou o Premio a Mellor álbum de música de raíz nos Premios de la música independiente de España por Meu canto, seleccionado tamén como Top of the World pola revista británica Songlines. Entre outros proxectos, é a directora artística e alma mater do Festival Internacional da Lusofonía, Cantos na maré.

 

EJAZZ

Premiados na categoría de COROS E GRUPOS VOCAIS


Coa a voz como único instrumento,as vocalistas galegas Ejazz levan recorrendo os principais clubes de jazz e salas de concertos da nosa comunidade desde o  ano 2012.

Recentemente  presentaron este proxecto en Madrid recibindo unha excelente acollida por parte do público.

Ao fronte da formación atópase a recoñecida mesta e cantante Carmen Rey como arreglista e directora musical. Completan o cuarteto Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro, cada unha delas cos seus proxectos en solitario e extensas traxectorias musicais.

Unha proposta musical atractiva, arriscada e orixinal cun repertorio no que nos ofrecen sorprendentes versións "a capella" que nos fan viaxar a diferentes épocas e lugares.

En definitiva, catro voces, catro personalidades, catro estilos que se funden nun só harmonizados a ritmo de jazz, soul, bossa-nova ou funk.