ARQUIVO

Edicións anteriores

Estes son os proxectos premiados nas anteriores edicións dos Premios Martín Códax da Música. Bótalles un ollo!

VER TODOS


CATEGORÍAS MUSICAIS

  • METAL
  • MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA
  • POP / INDIE
  • MÚSICAS DO MUNDO
  • BLUES / FUNK / SOUL
  • ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA
  • COROS E GRUPOS VOCAIS
  • ROCK
  • JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS
  • CANCIÓN DE AUTOR/A
  • ELECTRÓNICA
  • MÚSICA TRADICIONAL E FOLK
  • MÚSICAS URBANAS
  • REGGAE / SKA / MESTIZAXE
  • MÚSICA INFANTIL

ORGANISTRUM

  • ESPAZOS DE COMUNICACIÓN MUSICAL
  • SALAS
  • FESTIVAIS

marcos teira NÓs

Premiados na categoría de MÚSICAS DO MUNDO


Marcos Teira presenta o seu disco NÓs, un concerto para ver, escoitar e sentir.

O flamenco e o jazz para adaptar e resituar a música nunha nova paisaxe sonora.

Un encontro de músicos e músicas arredor da linguaxe da guitarra flamenca.

Nós corda e madeira, piano e baile, caixón, contrabaixo e guitarra.

nóS cubanos, nós flamencos, nÓs xitanos, nóS galegos

BALA

Premiados na categoría de ROCK


BALA son Anxela (guitarra e voz) e Violeta (batería e voz), un dúo de difícil clasificación. O son é unha reminiscencia dos grupos de rock intensos dos anos 90, cunha mestura de influencias que van do grunge ao stoner pasando polo hardcore e o punk. A todo isto engadimos dúas voces moi diferentes.

Despois de formar parte doutros proxectos musicais do underground galego, comezan como BALA pouco antes do verán de 2014. Logo da boa recepción, entre setembro e decembro dese ano realizan uns 20 concertos en Galicia e varias cidades da península.

A finais de novembro gravan o seu primeiro álbum nos Estudios Montealto (A Coruña). 7 cancións gravadas en directo e dominadas polo prestixioso Maor Appelbaum (Faith Non More, Sepultura, ...).

En decembro tocan en directo na gala dos II Premios Martín Códax da Música no Pazo da Cultura de Pontevedra.

En 2015 continúan cunha actividade frenética, dando uns 50 concertos, entre os que se atopan varios festivais recoñecidos: WOSINC (Santiago de Compostela), Nordestazo (A Coruña), She's The Fest (Valencia), EmaRock (Aretxabaleta), ...

En febreiro lanzan o seu primeiro videoclip, e en setembro publican co selo Matapadre o seu primeiro álbum, 'Human Flesh', estreado en Rockdelux. Ten unha moi boa acollida, esgotándose en só 5 meses.

A súa presenza nos medios musicais nacionais comeza a ser habitual (Binaural, Notodo, Neo2, Route 66, Rockdelux, Staf, ...) e as entradas para moitos dos seus concertos esgótanse rápidamente.

Rematan 2015 aparecendo en moitas listas do mellor do ano para numerosas publicacións: Rockdelux, Mondosonoro, Hipersónica, Binaural, La Voz de Galicia, ...

Comezan 2016 estreando un novo videoclip e viaxando pola península, e visitando tamén Londres e Bristol, onde ofrecen un total de tres concertos, de novo con unha recepción moi boa e salas cheas.

Continuan todo o ano viaxando por toda a península de novo, e de xuño, comezan a visitar moitos dos máis famosos festivais en España e Portugal: O Marisquiño, Atlantic Fest, Sonic Blast (Moledo), Ignition, Keroxen (Tenerife), Aloud Music Fest ( Barcelona), ...

Tamén son seleccionados para participar na coñecida Monkey Week en Sevilla, onde ofrecen tres concertos.

Son seleccionadas polo circuíto de concertos GPS para presentar o seu novo disco.

En outubro obteñen o primeiro posto no prestixioso concurso musical da Deputación de A Coruña, gañando un premio de 3.000 euros.

En novembro viaxan a Barcelona e Sant Feliu de Guíxols para gravar o seu segundo disco nos estudos Ultramarinos Costa Brava co gran Santi Garcia: 9 temas cañeiros que distan do seu anterior traballo, sendo esta máis intenso, e experimentando por primeira vez co galego e o castelán.

Estrean o disco a comezos de marzo do 2017, e dende entón o ritmo é vertixinoso: o disco é reseñado en tódolos medios especializados e elexido por moitos medios nacionais e internacionais como o mellor do ano.

Van de xira por Xapón e Australia, e visitan os máis prestixiosos festivais da península, entre eles o Resurrection Fest.

Pero a cousa ainda continúa no 2018: cos discos xa prácticamente esgotados, continúan viaxando polo mundo, visitando esta vez a Costa Oeste dos EEUU, onde fan unha xira e tocan no festival Stoned and Dusted, no deserto de Joshua Tree. Son convidada a tocar tamén no prestixioso festival Rock Al Parque (Bogotá, Colombia), considerado o festival de rock máis grande de América Latina.

Visitan tamén o festival Reeperbahn (Hamburgo), o Low Festival,...

Son seleccionadas tamén pola iniciativa europea Keychange, que busca visibilizar á muller no mundo da música.

A partires de setembro de 2018 deciden descansar durante un tempo para preparar novo material. Comezan o 2019 gravando unha versión de "Bodies" dos Smashing Pumpkins e anunciando unha data: o Download Festival.

Será unha das poucas datas que ofrecerán este ano, pois agora a prioridade para elas é poñer todo o esforzo nun novo traballo onde haberá colaboracións moi especiais e que gravarán despois do verán.

EJAZZ

Premiados na categoría de COROS E GRUPOS VOCAIS


Coa voz como único instrumento, as vocalistas galegas, Ejazz, levan percorrendo os principáis clubes de jazz, salas de concertos e festivais da súa comunidade dende o 2012.

Ao frente da formación encóntrase a recoñecida mestra e cantante, Carmen Rey, como arreglista e directora musical. Completan o cuarteto Ángeles DorrioMarga Ramos e Betty Queiro, cada unha delas cos seus proxectos en solitario e con extensas traxectorias musicáis.

Esta proposta musical atractiva e orixinal foi galardoada co Premio Martín Códax da Música na categoría de grupos vocáis e coros (2017) e actualmente seguen ofrecendo un repertorio que ofrece sorpendentes versións “a capella” transportándonos a diferentes épocas e lugares.

En definitiva, catro voces, catro persoalidades, catro estilos que se funden nun só, harmonizados a ritmo de jazz, soul, bossa nova, funk

 

Diario Cultural

Premiados na categoría de WEB


A Radio Galega lanzou o 8 de novembro de 2018 diariocultural.gal, a canle dixital do Diario Cultural, co obxectivo de ser o referente de todas as manifestacións cuturais de Galicia a partir dos contidos que produce o programa para a súa emisión analóxica e a produción de contidos diferenciados destinados especificamente para o dixital.


O novo Diario Cultural e a súa canle dixital www.diariocultural.gal forman parte da estratexia da Corporación Radio Televisión de Galicia en materia de cultura que se enmarca no proxecto #Cultura365. Despréndese del un modelo baseado na programación cultural especializada os 365 días do ano na radio, a través do Diario Cultural, e na televisión, por medio do programa ZigZag -que esta temporada se emite na primeira canle o sábado e o domingo-.


O cambio de formato que asumiu o Diario Cultural na Radio Galega co arranque da temporada 18-19 compleméntase cunha estratexia dixital. Cun deseño concibido en orixe para dispositivos móbiles, www.diariocultural.gal ofrece os podcast de todas as edicións do Diario Cultural.

O novo proxecto do Diario Cultural apóiase de xeito significativo en figuras destacadas do espectro cultural galego que colaboran cada día, como voces expertas, co seu coñecemento especializado. Destacan os colaboradores especializados en música: Emilio Españadero sobre folk e tradicional, Luis Miguel Crespo sobre música clásica, Tito Lesende sobre pop e rock e Cibrán Tenreiro, Paula Doors e Matías Tarrío sobre movementos alternativos. Todas as súas colaboracións semanais están recollidas en diariocultural.gal, co obxecto de garantir a súa recuperación en calquera momento á audiencia da CRTVG.

O vídeo é outro dos elementos diferenciadores desta canle dixital que prevé converterse en referencia en Galicia nun breve espazo de tempo pola cantidade e calidade dos seus contidos. Para isto, conta cunha canle de Youtube na que se están colgados a día de hoxe dous concertos dos grupos Oh!Ayatollah e Baiuca e Aliboria. Deste xeito, a Radio Galega camiña, a través do Diario Cultural, cara á creación de contidos específicos para o dixital.

A música é elemento diferenciado da canle dixital do Diario Cultural con notable presenza con respecto ao resto de manifestacións culturais.




Adrian Saavedra

Premiados na categoría de MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA


Adrian Saavedra (Pontevedra, 1987)

Licenciado en Composición pola Escola Superior de Música de Catalunya ESMUC e graduado en Piano Clásico. Fórmase tamén en Piano Jazz/Moderno e en Composición de Música Moderna con Tim Garland e Gary Willis.

Ademais da composición, traballa como arranxista, intérprete e produtor musical para distintos artistas da xeografía galega, como Píscore, Hércules Brass, Marcelo Dobode, Nastasia Zürcher, A Banda da Loba, Abraham Cupeiro.

Ten unha relación moi directa cas bandas de música da comunidade galega para as que traballa asiduamente, tales como a Banda Municipal da Coruña, Banda Municipal de Santiago, Banda de Música de Pontevedra ou Banda Municipal de Silleda…

Destacan os seus proxectos para banda de música:

  • The Rock Band Show (para banda de música e grupo de música moderna)
  • Kallah Pallah (concerto para banda de música e 4 solistas de percusión)
  • Kecak (concerto para banda de música e percusión)
  • Odaiko Sinfónico (concerto didáctico estreado ca BOS - Orquestra Sinfónica de Bilbao)
  • Píscore: Concerto Singular (concerto didáctico para banda de música)


e para orquestra sinfónica:

  • Hércules Brass e a Orquestra Sinfónica de Galicia
  • Abraham Cupeiro e a Real Filharmonía de Galicia “Os Sons Esquecidos”
  • Macaréu - Obra de encarga da Real Filharmonía de Galicia estreada en febreiro de 2019

Carmen Rey

Premiados na categoría de BLUES / FUNK / SOUL


Carmen Rey, cantante, compositora e arreglista vocal, inicia a súa andaina nos anos 90 como cantante de Jazz da man de Nani García. Despois de anos percorrendo os escenarios galegos con distintas formacións de Jazz comeza a súa carreira musical propia máis cercana ao soul e grava o seu primeiro traballo discográfico chamado "Fuera" no ano 2002. Paralelamente traballa con outros artistas galegos, as veces facendo unha colaboración no seus discos como con Xabier Díaz, Verónica Ferreiro. Carlos Arévalo, Ángeles Dorrio, Pablo Díaz, Adrián Saavedra, Dj Ino; ou nos directos con Xosé Manuel Budiño ou Emilio Cao. Uns anos despois, no 2008, grava a segundo disco "Meu" ca súa nova banda ca que estará compartindo música ata a recente edición do seu terceiro traballo "...mañá..." que acaba de sair en Decembro do 2016, e que continúa a liña musical da cantante; soul, funk e tintes de Jazz acompañan esta última gravación que está feita íntegramente en Galego.

Carmen Rey compaxina a súa carreira persoal ca súa faceta como mestra de canto e como directora de outras formacións vocáis como o coro feminino  "Sisters in the House", o cuarteto vocal  "Ejazz" e o seu trío de Gospel "Gospel 3".

Baiuca

Premiados na categoría de ELECTRÓNICA


A menos dun ano da publicación de "Solpor" (Raso Estudio, 2018), o debut de Baiuca, que o situou coma unha das propostas máis vangardistas e transversais do circuito, conectando a raíz da música galega coa electrónica contemporánea máis innovadora; regresa agora con "Misturas" (Raso Estudio, 2019), un EP no que, a partir das pistas da grabación orixinal do debut de Xosé Lois Romero & Aliboria, consegue reconstruir, redimensionar e levar a un novo espazo.

Neste último ano Baiuca recibiu a calor da crítica, dende El País, El Mundo, Radio 3, ata Rockdelux e Mondosonoro, erixíndose coma un dos proyectos revelación do 2018, colándose no Top 50 Viral de Francia en Spotify, país no que Morriña se convertiu nun fenómeno, radiado a diario durante meses en Radio Nova, unha das radios de música alternativa máis prestigiosas del mundo.

Xa confirmou a súa presenza nalgúns dos festivais más importantes do país para 2019 (Bilbao BBK LiveWarm UpO Son do CamiñoMallorca Live Festival e un longuísimo etcétera); firmando remesturas (algunas xa publicadas, e outras de saída inminente) para artistas como Chancha Vía CircuitoKermesse ou Balkan Taksim; poñendo parte da BSO da serie “Antes de perder” de TVE; as súas cancións forman parte de algunhas das listas máis importantes das plataformas en streaming (como Mint Latin o Dimensión Paralela); e prepara o asalto a escenarios internacionales con confirmacións xa en Portugal e Marrocos.

A CASA DO TERROR - XOÁN CURIEL E A BANDA DO VERÁN

Premiados na categoría de MÚSICA INFANTIL


PRESENTACIÓN

Despois de percorrer os escenarios galegos co espectáculo do libro-disco infantil Estamos no verán!!! , Xoán Curiel e a Banda do Verán, achégannos unha nova, terrorífica e divertida aventura: A Casa do Terror. Os membros d´A Banda do Verán teñen un longo percorrido por tódolos escenarios galegos. 

O DISCO E O ESPECTÁCULO

Xoán Curiel e a Banda do Verán elaboran este disco con ritmos de rock, funky, ska ou reggae entre outros...

A perspectiva do terror é abordada no espectáculo dun xeito divertido e lévase a cabo a través de personaxes divertidas coma as pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc… É unha historia moi positiva no que se fala da importancia da confianza nos desafíos da vida e nas cousas que nos poden producir medo

Xoán Curiel: Guitarra eléctrica, guitarra española e voz

Jara Ortiz: Voz

Carlos Freire: Batería

Alex Salgueiro: Teclado e programacións

Antón Fernández: Baixo

Sofía Espiñeira: Danza


Letras e músicas: Xoán Curiel

Gravación, mestura e masterización: Alfonso Camarero en Gourmet Sound Estudio (A Coruña)

Tanxugueiras

Premiados na categoría de MÚSICA TRADICIONAL GALEGA


Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, entre Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro dáse un encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a comuñón musical xorden desde o primeiro minuto e fan que revolucionen o panorama musical galego.

O mundo da pandeireta e o baile está a vivir en Galicia a un momento irrepetible, cada vez máis xente se está achegando a este tipo de sentir e facer. O que fan Tanxugueiras é achegalo dun xeito doado, natural, cun empaste nas voces pouco común, cuns arranxos elegantes e coidados, cun son grande e cristalino, cun agarimo inusual, cunha tímbrica instrumental que conecta oriente e occidente, con intelixencia e humor. E, sobor de todo, con moito amor.

O disco homónimo das Tanxugueiras permitiulles levar a súa música por todo o país cunha xira de máis de 50 concertos en 2018 e tamén internacionalmente por Cuba, La India, Suíza e a terceira parcipiación no Festival Celtic Connections de Glasgow, o que as convertiu nunha das bandas revelación da música tradicional. Da man de Shooglenifty veñen de publicar o single “East West” (https://shooglenifty.lnk.to/eastwestWE), ao igual que colaboraron nunha experiencia única coa banda escocesa e Dayam & Katif (Dhun Dhora) da India e que se pode ver o resultado na canle de youtube de Galician Tunes (https://youtu.be/VqmF2fX5j9g) no mencionado festival.

Veñen de recoller o premio estatal da música independente (premios MIN) ao mellor álbum en galego de 2018 na gala celebrada no Teatro Circo Price de Madrid na gran festa da música independente e quedando semifinalistas como grupo revelación. De igual modo, están nominadas como mellor música galega de 2018 nos premios aRi[t]mar e tamén como mellor disco e mellor adaptación dun tema tradicional nos premios de música de raíz de La Opinión.

“Tanxugueiras”, o disco

Despois de percorrer desde o ano 2016 cun éxito clamoroso todos os palcos do país e algún internacional (Celtic Connections Glasgow), despois de poñer música a actos e encontros musicais diversos, aparecer en programas de TV como Luar, Alalá… deciden gravar a súa ópera prima apuntando moi alto. Rodeáronse para este fin de músicos moi notables dentro do panorama das musicas de raíz como Pablo Martín Jones (Coetus, Eliseo Parra, Drexler…) ou Jaime Muñoz (La Musgaña) e cunha dirección artística do productor musical Pedro Pascual (produtor en Laio, Marful, Najla Shami, Davide Salvado, Guadi Galego, Talabarte, Pesdelán, Descarga ao vivo, etc.), editado baixo o selo de Seispés Producións Creativas.

Atopámonos ante un repertorio coidadosamente escollido e cun tratamento que conecta a tradición ibérica co maxín atlántico e os cheiros de ultramar. Cancións que parten da pura esencia que mana das fontes da profunda Galicia e que son dotados dun virtuosismo e contundencia sorprendentes.

Festival de Pardiñas

Premiados na categoría de FESTIVAIS


Foi o 3 de agosto do 1980 cando a Asociación Cultural Xermolos inaugurou un dos seus proxectos máis cobizosos: o Festival de Pardiñas, coa finalidade de achegar a música ao pobo, en contacto cos creadores. Nesta primeira edición déronse cita Saraibas, María Manuela, Xoán Rubia, Xosé Ramón Eiriz e os grupos de Gaitas e Danzas Agarimo de Ferrol.

A esta primeira experiencia seguíronlle novas convocatorias, nas que, ano a ano, se tentou incorporar novidades para darlle calidade ó Festival das nosas músicas con máis edicións ininterrompidas no seu haber. Polo esceario de Pardiñas pasaron grupos sobranceiros do panorama musical galego e internacional, así como gaiteiras e gaiteiros de recoñecido prestixio. 

O Festival de Pardiñas vense caracterizando polo seu caracter familiar, aberto e participativo. Un dos nosos obxectivos é recuperar as raíces populares das festas da nosa terra. Sentímonos chamados a facer festa con tod@s. a premer a nosa cachola e o noso xenio... Moito máis importante que asistir a un espectáculo, é pór en xogo a creatividade e a capacidade de alegría d@s festivaleir@s.

No marco do Festival de Pardiñas ten lugar a Mostra de Instrumentos de Música Tradicional que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos que vai para a 26 edición, sendo no seu momento a primeira mostra destas características, que nos permite disfrutar do bo facer dunha treintena de artesáns, que a través da súa paixón, dedicación e coñecemento contribuen notoriamente a manter viva a nosa música a través do tempo.

A primeira fin de semana de agosto, no Balneario de Pardiñas, podemos comunicarnos as creadoras e creadores, coas voces da cultura e da arte da nosa terra, coas nenas e nenos que escriben e debuxan e os grupos de música e teatro, para compor xunt@s unha nova cantiga nesta gran festa.

El Contrabajo Club

Premiados na categoría de SALAS


El Contrabajo Club situado en la calle Venezuela 82 de Vigo es un local pensado por y para los músicos. Con una programación estable todas las semanas desde el año 2006.

Abrimos de Jueves a Sábado de 22h a 3:00h (y pico)

Jazz, blues, rock, Hip Hop, Reggae, Pop, cantautor, etc, intentando mostrar siempre música de calidad a nuestra selecta clientela.

 

 

 

NAO

Premiados na categoría de METAL


Logo de 13 anos os NAO veñen de anunciar a saída do que será o seu derradeiro disco.

“Ata que o lume se apague” é o título de 13 cortes gravados a camiño entre Galiza e Euskal Herria. Este disco fecha unha triloxía de despedida que comezaron no 2015 baixo o título de Apocalipse NAO.

Levará consigo unha xira de presentación de salas (Ata que o lume se apague Tour) que comezará o 5 de decembro na Sala Capitol e rematará o 7 de decembro. A intención da banda é percorrer os numerosos recunchos da xeografía galega para que ninguén perda a oportunidade de poder ver na súa derradeira xira á banda.

A finais de abril comezará unha xira que intercalará salas e festivais por Asturies, Euskadi e Portugal.

En maio comeza a tempada de festivais. Para isto NAO ten preparado un novo espectáculo de despedida: Apocalipse Nao Tour. Dúas horas de concerto, con nova escenografía e espectáculo, colaboracións… facendo un repaso a toda a súa discografía cun show que non deixará a niguén indiferente.

A partir de outubro NAO preparará o seu concerto final de despedida. O mes elixido é decembro de 2019, o lugar Santiago de Compostela.

Cando caemos só nos queda erguernos. Hai que ser máis valentes, SEMPRE.

igloo

Premiados na categoría de POP / INDIE


Falar de Igloo é falar de solvencia, saber estar, calidade e elegancia. Tamén perseveranza, loita e sobre todo, capacidade para levantarse e volver empezar.


O proxecto Igloo faise maior. Doce anos rodando polas mellores salas e festivais deste país curten a calquera. E froito de todos estes anos de vivencias, quilómetros e enchentes, deixáronnos a unha banda rica e frutífera en todos os sentidos. Un grupo de amigos unidos nun proxecto común que aproveitan calquera data da xira para darse unha boa homenaxe, porque a final de contas, diso trata a vida. De gozar do camiño, das cousas boas e os amigos que che vas atopando nel. Unha banda que hai tempo atopouse a se mesma, cun son persoal máis que reconocible á primeira escoita e consciente de que o traballo duro xa está feito. Saben dabondo que agora só deben esperar a recoller os froitos do sementado durante todos estes anos. Porque son conscientes de que lles acabará chegando, máis temperán que tarde, ese recoñecemento do gran público.


Cinco discos e un Ep de estudo aválanos: - Igloo (2005); -Unha luz de estío glacial ( Ep, 2006) -A transición de fase (2009); -Infinito 3 (2011); -O conxunto baleiro (2013) e - Igløø2 (2015).


Agora, a banda volve ao grande despois un período de maduración, cunha colección de cancións que sen ningunha dúbida son as mellores da súa carreira. Sen présas discográficas (por fin) e con todo o tempo do mundo, puideron facer o disco que querían. “Aqueles marabillosos danos” arrinca, tras os dous primeiros adiantos “Xigante e “Xeración fatal” (que soaron durante meses en MTV España, Sol Música, Os40 Trending e Radio 3), cun single brillante: “ Gremlins de cidade” unha canción madurada a lume lento e tratada con moito mimo, e seguida por “ G7” Sabes esa sensación que sentes cando despegas nun avión e deixa de tomar contacto coa terra?. G7 é o cambio de rasante dun coche a toda velocidade, o subgrave no teu estómago, un golpe de calor na cara...


“Aqueles Marabillosos Danos” foi gravado en Madrid (Estudos Reno) e Caldas de Reis (O Laboratorio Criogénico), e conta con 10 cortes, nos que contan coa colaboración de Elba Fernández ( Mordem, Jane Joyd), Señor Magick, Pulpiño Viascón e Tomás Valderrama.


Gañadores do Premio Mestre Mateo (os considerados “Premios Goya” da academia galega) e o Festival de Cans (Premio do Público) co seu videoclip de “Restos dun naufraxio” (I Do Visual), Igloo conseguiron rematar este disco compaxinando o seu fin de xira de “ Igløø2” en festivais como Portamerica, Festival da Luz ou Sonorama Ribeira (neste último, facendo unha bonita homenaxe ao 20 aniversario do OK Computer de Radiohead). O curriculum da banda non queda aí, durante todos estes anos lograron numerosos premios: Premio do Público aos 33 de UFI (actuais MIN), gañadores do certame de Myspace para telonear a Franz Ferdinand, premio a mellor directo Maketón 40 Principais...

Desfruten da viaxe.

 

ONTOLOGY - Xose Miguélez

Premiados na categoría de JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS


Ontology é o máis recente proxecto do músico galego Xose Miguélez que acaba de ser editado pola discográfica de jazz estadounidense Origin Records.

A música de Ontology foi presentada na sala Blue room do "American jazz museum" de Kansas city o 9 de agosto de 2018 e gravado alí días máis tarde. Nesta gravación, participan algúns dos músicos máis descacados da escea desta importante cidade na historia do jazz. O disco foi misturado e masterizado posteriormente en Galicia por José Trincado e Matt Otto, produtor do CD.

Toda a música do álbum está composta a partir dun motivo de catro notas, extraído dun vello romance, recollido pola musicóloga Dorothé Schubart en Cerdedelo-Laza no ano 81, e que o autor atopou por casualidade no 2017, cantado pola súa tía avoa Amparo. Aínda que difícil de recoñecer na música, este motivo é o ADN e a inspiración da mesma.

John Kizilarmut - batería, caixón / Ben Leifer - contrabaixo / Storm Nilson - guitarra / Peter Schlamb - vibráfono / Matt Otto - saxo tenor, ewi / Xose Miguélez - saxo tenor

+info www.xosemiguelez.com

Wöyza

Premiados na categoría de HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS


Wöyza, autora, compositora, productora e artivista galego-uruguaya, unha das primeiras mulleres na música Hiphop, Soul e R&B hispano e un referente en Galicia. Arranca a súa carreira musical en 2003 vinculada a escena hiphop nacional e portuguesa, lanzando o seu primero maxi EP no 2005 "Siénteme", en 2008  "Pisando el suelo que ves" editado en vinilo e cunha acollida de máis de 1.000.000 de descargas, e unha xira de máis de 4 anos por varios países europeos, Marrocos, Suiza e latinoamérica. Neste LP aparece "Tempos de muller" a primera canción en galego deste xénero, acuñada como "O hino da muller" segundo a consellería de igualdade.

En 2015 edita "Si/No" Maxi EP, adianto do seu segundo álbum de estudio chamado "Pelea" (2016) co que finalmente consagrou a súa figura como insustituible da escena dentro e fóra de Galicia. Foi finalista premiada por Martín Códax no 2014, e finalista nas primeiras 4 edicións, tamén premiada polos premios Maeloc de "40 principales" a mellor álbum 2015.

Cada vez máis volcada na autoproducción da súa obra, traballou con productores, músicos e artistas nacionais e internacionais de renome como Mundo Segundo (DLM, PT) ou Marco Polo (Canadiense afincado en NY, productor de Masta Ace), L.U.C (Polonia), Capicua (PT), Orion XL (Argentina), entre outros.

É un reflexo da calidade e a capacidade de Wöyza para reciclarse e perfilarse no tempo, non só traballando con artistas de rap como Nach, Rapsusklei, Payo Malo, Gran Purismo entre outros senón que tamén participado en discos i en concertos con grupos como Dealema (Portugal), Bomba Estéreo etc. colaborando con Carlos Nuñez ,back-up vocals para Iván Ferreiro, facendo un concerto íntimo e a dúo coa galardonada Cristina Pato nos "xoves de Códax", ou participando en proxetos como "O pergamino Vindel" para a universidade de Vigo, dirixido pola gaiteira e no que participaban músicos como Anxo Pintos, Begoña Riobó, Yago Vázquez entre outros.

No verán de 2018 crea e dirixe artísticamente un dos seus maiores retos: ˝Wöyza & The Galician Messengers" integrando así algunhas das novas figuras musicais máis destacables do panorama actual galego: Adríán Solla, High Paw, David Outomuro e Xulio Lorenzo. Un proxeto destinado a representar a presenza da nosa lingua e música en Frankfurt (Alemaña) onde puideron participar no MusseumSuferfest ofrecendo 7 concertos de Hiphop, Soul, Folk e tradicional galego, no que incluíuse baile tradicional e urbanas da man de Yara Juncal (coreógrafa e bailarina) e Rubén Villar.

Autoedita baixo o seu selo Wötown, e foi a creadora e a directora coral de V-Negro Son durante 5 anos, chegando a grabar un EP de dúas cancións como mostra do seu compromiso.

Recebeu formación de grandes mestres de varios países, destacando a súa viaxe a NY participando na primeira "International Gospel Summit" en 2016.

Dende fai máis de 10 anos traballa con artistas en aula e dada a súa formación coma técnico de son, asiste grabacións como vocal coach en estudios como Plantasónica, Adlib estudios entre outros.

En Xaneiro de 2019 libera nas plataformas dixitais "Me encuentro bien" Pacífico Remix e actualmente prepara a saída do seu terceiro EP para a primavera deste mesmo ano. Próximamente viaxará, a principios de abril, a Nova Yorque para participar con 3 concertos dentro do marco do Festival Kerouac NYC.

Orquestra Los Satélites

Premiados na categoría de ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA


A orquestra Los Satélites fundouse no ano 1938 na cidade de A Coruña por Manuel Otero Mariñas e Jaime Camino, saxofonista un e cantante actor e produtor de cine o outro. Os músicos que se foron incorporando á orquestra proviñan na súa maior parte das bandas militares nas que tocaban nos tempos da guerra, ó finalizar esta, comenzaban as súas andainas musicais en revistas de teatro, pero aquela vida de provincia en provincia era moi dura para eles e as familias, por iso, para a formación da orquestra escolleron os mellores músicos porque, aparte de adicarse as festas e verbenas, tamén a encamiñaban ó acompañamento de artistas nas súas xiras polo norte de España.

A orquestra formouse co ánimo de conseguir una agrupación na que a calidade musical fora a súa principal característica, característica que hoxe en día segue sendo o principal selo de identidade da orquestra Los Satélites.

A orquestra realizou tanto actuacións dentro do territorio nacional como fora de el, sendo a primeira orquestra española que viaxa a América. Coa voz do gran cantante galego Pucho Boedo, partiu do porto de Vigo rumbo a Venezuela o 18 de xullo de 1955 onde actuaron durante catro meses nas principais festas e locais e tamén nas canles de televisión 5 e 8 de Venezuela; actúa tamén noutros países como Alemaña, Inglaterra, Portugal, Suíza e Arxentina; dentro do territorio nacional participou nas mellores festas de tódalas rexións, e así como nas Illas Canarias en varias ocasións nos seus “Carnavales”.

A orquestra Los Satélites colabora tamén con festivais e programas de televisión: no ano 1965 acompañóu a Massiel no “Festival del Eo” en Vegadeo (Asturias) e entre os anos 1967 e 1970 era a orquestra titular do “Festival del Miño” en Ourense, onde acompañou a artistas da talla de Víctor Manuel, Bety Missiego, etc.

En programas de televisión colaborou con: T.V.E sendo a orquestra titular do programa “Aplauso” en 1980 e varias actuacións en outros programas, con TELE 5 como orquestra titular do programa de Concha Velasco “Querida Concha” no ano 1993, coa T.V. de Galicia en cantidade de programas tódolos anos e tamén coas televisións de Venezuela e Arxentina.

Tamén colaborou con outros artistas nas súas gravacións como Los Diplomáticos de Monte Alto en 1999 no seu álbum “Capetón”, co cantante Sito Mariño, etc.

En actuacións especiais, como a entrega de premios de teatro “María Casares 2006" no teatro Rosalía de Castro de A Coruña ou o especial dedicado o cantante Pucho Boedo “Sempre Pucho” da Televisión de Galicia no Pazo da Opera de A Coruña en febreiro de 2006, acompañando a artistas como Uxía, Paco Lodeiro, Nancho Novo, Yolanda Vázquez, Xoel, Sito Sedes, Miguelón e Luz Alonso, do que se editou o disco “Sempre Pucho”.

Coa banda sonora das teleseries da televisión de Galicia “Libro de familia”, na que a orquestra inclúe dous temas inéditos que son a sintonía e o tema central da serie, e “Los Atlánticos”, na que inclúe varios temas inéditos do disco “70 aniversario”.

A orquestra gravou 13 discos, recibindo un disco de ouro en 1977 por un deles con Sito Sedes de cantante; dous dvds en directo e un documental en DVD coa historia da Orquestra titulado “Los Satélites, unha orquestra de lenda”, que foi emitido na maioría das Casas de Cultura de Galicia.


Os últimos traballos que se editaron son:

O CD “Sempre Pucho” adicado a Pucho Boedo e o CD “70 ANIVERSARIO”, co que resultou gañadora do concurso de Radio Voz “La canción del verano 2009” co tema “Playa de La Lanzada”.

O DVD da “Gala 70 aniversario” gravado no teatro Colón de A Coruña o 6 de novembro de 2009 foi emitido pola TV de Galicia acadando a máxima audiencia de tódalas televisións, segundo a información facilitada pola propia TV de Galicia.

Dende decembro de 2017 está soando o novo CD titulado “Con mucho ritmo” con doce temas propios.


Os recoñecementos ó traballo, a calidade e profesionalidade da orquestra tamén chegaron en forma de premios, nomeamentos e artigos nos xornales, por exemplo:

Marzo de 1977 disco de ouro da casa EMI.

Outubro de 1981 nomeada mellor orquestra de Europa polo Club Deportivo Español de Buenos Aires.

Maio de 1984 nomeada orquestra máis solicitada de España pola revista SHOW PRESS.

Marzo de 1990 mención especial a orquestra do Diario de Las Palmas por a actuación nos “Carnavales de Gran Canaria”.

Xuño de 1990 nomeada mellor orquestra de salsa de España por RADIO 3 de R.N.E.

Xuño de 1998 1º premio de orquestras no programa “Luar” da T.V. de Galicia.

Xuño de 1999 1ºpremio de orquestras no programa “Luar” da T.V. de Galicia.

Agosto de 2002 nomeada orquestra coa mellor sección de ventos polo xornal La Opinión.

Agosto de 2002 nomeada orquestra co mellor son polo xornal La Opinión.

Decembro de 2002 incluída dentro dos 40 mellores artistas de Galicia polo xornal La Voz de Galicia na colección “Son de Galicia”.

Abril de 2003 biografía e cancións da orquestra incluídas nos libros de música de 4º de E.S.O. da editorial Galinova.

Abril de 2004 agradecemento da Asociación Española Contra el Cáncer pola colaboración prestada.

Marzo 2006 agradecemento de UNICEF España pola colaboración prestada.

Setembro de 2009 gañadores do concurso de Radio Voz “La canción del verano 2009” co tema “Playa de La Lanzada” do CD “70 Aniversario”.

Outubro de 2009 gañadores do concurso “Mejor WEB oficial de orquestas de Galicia”

Outubro 2009 elixida mellor orquestra de Galicia polos oíntes do programa “Palco de estrelas” de Radio Valga.

Novembro 2011 elixida mellor orquestra de Galicia polos oíntes do programa “Palco de estrelas” de Radio Valga.

Novembro 2011 José Manuel “Noli”, elixido mellor cantante masculino de Galicia polos oíntes do programa “Palco de estrelas” de Radio Valga.

Novembro 2011 orquestra elixida coa mellor cantante feminina de Galicia polos oíntes do programa “Palco de estrelas” de Radio Valga.

Novembro 2012 José Manuel “Noli”, elixido mellor cantante masculino de Galicia polos oíntes do programa “Palco de estrelas” de Radio Valga.

Setembro de 2013 gañadores do concurso da Televisión de Galicia “A Favorita” no apartado de orquestra de baile.

Novembro 2013 orquestra elixida coa mellor cantante feminina de Galicia polos oíntes do programa “Palco de estrelas” de Radio Valga.

Novembro 2013 elixida mellor orquestra de Galicia polos oíntes do programa “Palco de estrelas” de Radio Valga.

Decembro 2014 gañadores dos premios “Martín Codax da música” no apartado de música de verbena.

Febreiro 2017 elixida mellor orquestra de Galicia 2016 polos oíntes do programa “Palco de estrelas” de Radio Valga.

Febreiro 2017 José Manuel “Noli”, elixido mellor cantante masculino de Galicia polos oíntes do programa “Palco de estrelas” de Radio Valga.

Marzo 2018 A orquestra Los Satélites firma no libro de honra do Concello de Cambre.

Xuño 2018 O Concello de Oleiros adica una rúa a orquestra Los Satélites.


Actualmente, a orquestra Los Satélites, está formada por 14 compoñentes:

Eric Hidalgo - voz

José Manuel “Noli” - voz

Alba Navaro - voz

María José Pereira - voz

William Prieto - percusión

Haret Espinosa - piano, acordeón, teclados e arranxos

Jorge Pumar - batería

David Aburto - baixo

David Paz - saxo alto, gaita e saxo midi

J. Carlos Suárez - saxo tenor e guitarras

Oscar Parra - saxo barítono,saxo tenor, flauta e teclado

Carlos Bardanca - trompeta

Jhony Padilla - trompeta

Tony Louzao - trompeta e trombón

Fco. Javier Saavedra - trombón


Banda Crebinsky

Premiados na categoría de REGGAE / SKA / MESTIZAXE


BANDA CREBINSKY
é unha orquesta popular xurdida dun universo
imaxinario, fuxida do filme galego Crebinsky (2011).
As súas músicas nacen como banda sonora e, saíndo
da pantalla, corren ás rúas e ós escenarios, crecendo e
desenvolvéndose con enerxía.
En 2012 sae á venda o seu segundo disco Jet Lag,
publicado por Boa Música, no que BANDA CREBINSKY
opta por un son ecléctico e directo, rápido no
cambio de estilos, tempos, franxas horarias, culturas
e idiomas, nunha viaxe a un mundo en constante
metamorfose.
Con Zirkus Affe, publicado en 2017, propoñen un
achegamento a sonoridades máis mediterráneas,
próximas á música Rai, con maior peso de letras en
galego e castelán. Zirkus Affe é unha reflexión sobre
o noso mundo desde a óptica dun mono de feira, que
observa a realidade buscando novos escenarios.

 

Su Garrido Pombo

Premiados na categoría de CANCIÓN DE AUTOR/A


SU GARRIDO POMBO

Su Garrido Pombo é unha música que chegou moi pequena dende a súa aldea, Traspielas, ó barrio do Calvario, o Vigo dos 80, e xa nese intre deuse conta que os edificios non lle deixaban ver o mar. Aprendeu coa súa avoa a cantar as cancións do serán e os boleros e pasodobles da radio. Máis tarde, andando polo mundo, chegou o folk, a bossa nova e o jazz e tocando polas rúas de Dublín deuse conta que o que a facía feliz era sentarse nun recuncho e cantarlle a xente. Mistura temas propios, tradicionais e poemas musicados, e acompañaa a súa guitarra e os seus pedais. No ano 2018 sacou o seu novo album en solitario”Quedo a vivir aquí” co que ven de gañar o concurso Narf da deputación da Coruña, e está encantada por recibir un premio co nome dun músico tan querido e admirado

Se queredes máis detalles da súa historia:

http://sugarridopombo.com/