ARQUIVO

Edicións anteriores

Estes son os proxectos premiados nas anteriores edicións dos Premios Martín Códax da Música. Bótalles un ollo!

VER TODOS


CATEGORÍAS MUSICAIS

  • CANCIÓN DE AUTOR/A
  • BLUES / FUNK / SOUL
  • MÚSICA FOLK
  • MÚSICA INFANTIL
  • BANDAS DE MÚSICA POPULAR
  • REGGAE / SKA / MESTIZAXE
  • MÚSICAS URBANAS
  • MÚSICA TRADICIONAL
  • JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS
  • COROS E GRUPOS VOCAIS
  • ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA
  • POP / INDIE
  • METAL
  • ELECTRÓNICA
  • MÚSICAS DO MUNDO
  • ROCK
  • MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA

ORGANISTRUM

  • SALAS
  • ESPAZOS DE COMUNICACIÓN MUSICAL
  • FESTIVAIS

Caldo

Proxecto premiado na categoría de FOLQUE


CALDO son María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita), que presentan unha proposta de melodías tradicionais galegas integradas en novos contextos sonoros, xunto a pezas propias tinguidas das músicas europeas e atlánticas.

No seu 1º disco, formado por temas orixinais, CALDO emprega as pezas do repertorio de Moscoso como fío condutor do álbum. Este disco foi gravado en directo, para manter a esencia e a enerxía que desprenden nos seus concertos.

Tras a súa presentación en Marzo do 2019 na Sala Kominsky (Vigo), viaxan a Sant Boi (Catalunya) ao Festival Rubrifolkum, onde compartiron escenario, entre outras, con Mercedes Peón. Dende abril do 2019 seguen presentando o seu disco por salas de toda Galicia (Santiago, A Coruña, Ortigueira, Ourense…) e en festivais como o Festival Eira (Mos), What Is Music 2019 (Frías-Burgos) e no Espazo Paralaia dentro da programación do Festival do Mundo Celta de Ortigueira ou recentemente compartindo escenario con Baiuca no festival Cíclicka (Vigo).

Manuel Gutiérrez Trio

Proxecto premiado na categoría de JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS


Este proxecto é unha proposta fundamentalmente jazzística, aínda que aberta á interacción con outras estéticas. O son do grupo está baseado en composicións orixinais, e na procura dun espazo sonoro común no que poidan convivir as propostas musicais dos seus compoñentes. A idea é partir da liberdade individual para conseguir un son conxunto, ou sexa, que cada un achegue as súas ideas e a súa personalidade, poñéndoas ao servizo da causa común, cunha visión extensa do feito musical libre de ataduras e clichés.  

Ten dous discos editados: "Illa Da Lúa", e "Unexpected Trip".

Desde el principio te engancha y te sientes como en una burbuja de esas grandes que flotan encima de algunos ríos, y sí, tú estás dentro, y estas de lo más a gusto.

Candido Querol, BRitmos.

Discos como o do Manuel Gutiérrez, são uma excelente companhia para o tempo que se avizinha. Foi gravado no Outono e talvez seja mesmo o Outono no final da tarde, a altura certa para parar e ouvir relaxado num sofá e apreciar um dos melhores pianistas do jazz galego

Miguel Estima, A Certeza Da Música.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Proxecto premiado na categoría de MÚSICA TRADICIONAL GALEGA


Dos primeiros sopros de Xabier nunha gaita de fol nos albores dos 80 ata Coplas Para Icía(2007) pasaron case 30 anos. A súa curiosidade facilitou a chegada de experiencias que se sucederon tendo sempre a música pop(ular) no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames, etc. 

Logo chegou a Nova Galega de Danza coa que participou nos espectáculos AlentoEngadoTradicción entre os anos 2005 e 2009.

Berrogüetto chamou á porta de Xabier a inicios de 2008 e a viaxe durou  até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda. Durante este tempo editaron os discos Kosmogonías (2010) e O pulso da terra (2011). Alén diso, obtiveron o Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Galegos da Música Martín Códax (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable

Grandes parceiros e amigos seus foron Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero, cos que participou no proxecto aCadaCanto e cos que editou aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014).

Ao longo dos anos, realizou un feixe de colaboracións en discos e concertos de diferentes artistas: Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego e Os Cempés, entre outros/as. Así mesmo, emprendeu numerosas viaxes para levar a música a México, Cimbabue, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina, Noruega, Bélxica, Cuba, Escocia, Irlanda, etc.

No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, galardoado como o mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e o mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016). Con el tamén obtivo o premio á mellor canción en galego da primeira edición dos premios aRitmar. Alén diso, The tambourine man, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016. Chegou despois “Noró, Algunhas músicas do Norte” (Músicas de Salitre 2018) e unha extensa xira coa que, nos últimos anos, o grupo percorreu Noruega, Suecia, Francia, Bélxica, Escocia, Uruguai, Inglaterra ou Arxentina. 

“As Catedrais silenciadas” (Músicas de Salitre 2020) é o terceiro e máis recente traballo coas Adufeiras de Salitre, un álbum que reflexiona sobre o despoboamento, o abandono do rural e o risco de perdermos a identidade e a cultura propia nunha sociedade como a galega.

Carla Green & The Demons

Proxecto premiado na categoría de BLUES / FUNK / SOUL


Carla Green & The Demons fórmase en Santiago de Compostela na primavera do 2017 coa intención de levar aos escenarios o mellor soul dos anos 60 e 70. Conta cun repertorio baseado en clásicos de artistas como Etta James, Otis Redding, Wilson Pickett... En definitiva, a época dourada de selos como Chess, Stax ou Atlantic Records.

A pesar de ser unha banda de recente formación, está composta por músicos cunha dilatada traxectoria musical dentro de estilos como o blues, o swing ou o jazz. Á fronte da guitarra atópase David Tato (Bakin' Blues Band); ao baixo, Fran Sanz (Bakin' Blues Band); ao saxo tenor e barítono, Martiño Mato (Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira); ao trombón, José Luis Miranda (Garufa Blue Devils Big Band); á batería, Lar Legido (Sumrrá); por último, á voz, Carla Green.

Por outro lado, cabe destacar a participación de David Tato, Martiño Mato e Carla Green no prestixioso ciclo Outono Códax Festival —con referentes da música negra internacional— como membros da banda de Barbara Lynn, así como a participación de Carla Green como corista de La La Brooks (The Crystals) e como artista invitado para introducir a Irma Thomas, a raíña do soul de New Orleans. Así e todo, Carla Green & the Demons tamén participaron nas Festas da Ascensión en Santiago de Compostela, en Fisterra Blues Experience e noutros festivais non exclusivos da música negra como, por exemplo, o Armadiña Rock ou o Festival Noroeste Estrella Galicia.

Músicas Galegas Ilustradas

Proxecto premiado na categoría de WEB


Músicas Galegas Ilustradas nace co obxectivo de visibilizar e por en valor ás mulleres do panorama musical galego actual. Un proxecto pioneiro no que converxen música, ilustración, investigación, cultura galega e feminismo.

Xorde no 2017 da combinación das facetas da súa autora, Laura Romero, ilustradora profesional e música, tras comezar a formar parte da veterana banda de rock Zënzar como baixista e observar a escasa participación de mulleres en moitos dos festivais onde ela tocaba. Así, mediante unha longa serie de ilustracións (máis de 200 retratos en 160 ilustracións en total actualmente), pon o foco semanalmente nunha música (ou varias) tanto nas redes sociais coma na web.

No ano 2019 dá un paso máis e coordina e ilustra Ferreñas & Rock and Roll, un libro no que se outorga protagonismo a 31 mulleres e bandas femeninas pioneiras para a música galega durante o século XX (a meirande parte delas esquecidas ou descoñecidas totalmente). Traballando en equipo esta vez, con Baía Edicións á maquinaria e Iria Pedreira á redacción de textos, o proxecto resulta gañador do II Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade convocado pola Deputación da Coruña.

MGI pódese seguir tanto en Facebook como en Instagram, e consultar na web www.musicasgalegasilustradas.com.

SILVIA PENIDE

Proxecto premiado na categoría de CANCIÓN DE AUTOR/A


Silvia Penide é unha autora e intérprete de cancións moi directas que conectan co público polos seus matices e a súa particular forma de entender tanto os arranxos de estudio como os directos con ou sen banda.

Tras o seu EP "Las Erres Dobles" gravado con Juan de Dios Martín, produtor entre outros de Amaral e o seu disco "Animal de Compañía", Silvia Penide dá un paso máis aló conseguindo estar en boca de moitos con boas críticas e mencións en publicacións como Mondo Sonoro ou Rolling Stone, soando en Radio3 ou M80 entre outros.

Tras compartir escenario con artistas da talla de Andrés Suárez, Annie B. Sweet, Mäbu, Mercedes Peón,... estrea "TODO PINTADO DE PLATA" no que participa como co-produtor musical Felix Arias (que é o 50% de "Lovely Luna" xunto con Xoel López), gravado por Celso Madriñán (recoñecido músico galego que participou como guitarrista en xira con Marlango entre outros) e producido conxuntamente con Arturo Vaquero (Nomeado a un Premio Goya á mellor canción orixinal).

Silvia segue a súa ascendente traxectoria tras actuar no "Festival de la Luz" que amadrina Luz Casal, Festivais como o Noroeste Estrella Galicia, ou formar parte en Madrid do Festival "Ellas Crean" ou "Escenarios Cómplices de Mahou" onde se atopaban grupos como Los Secretos ou La Fuga.

En cada concerto de Silvia Penide destaca a súa calidade artística que cautiva a un público cada vez máis numeroso que nunca queda indiferente.

Actualmente está xirando co seu novo traballo, "El Efecto Boomerang", grabado con David San José produtor entre outros de Víctor Manuel que conta ademáis con colaboracións como Javier Álvarez ou Ugía Pedreira.

Najla Shami

Proxecto premiado na categoría de MÚSICAS DO MUNDO


Vocalista e compositora de Santiago de Compostela, filla de dúas culturas: palestina e galega. Interesada pola música desde nena, forma parte de coros polifónicos e grupos de música tradicional galega cando crea os seus primeiros temas. Aos 17 comeza a tocar a guitarra e as súas composicións vólvense máis persoais, a súa voz vese influenciada por jazz, rock ou world music.

Estuda Educación Musical e Música Moderna; afonda na técnica vocal e a súa pedagozía, percorre Noruega, EEUU, Xordania, India, Portugal, Xapón e, tanto en solitario como en grupo, realiza varios traballos destacando a súa participación en Coro da Rá e Os Tristáns. Entre 2003-2011 colabora en publicacións e incorpora novas influencias na súa linguaxe, sonoridades de Brasil e África mesturadas coas súas raíces e con jazz que imprimen unha profunda pegada na súa evolución.

Debuta en 2013 co disco-libro “Na lingua que eu falo”, unha elegante e profunda mirada sobre os poemas de Rosalía de Castro; a compositora galego-palestina reúne a súa bagaxe musical para crear un traballo íntimo e delicado. Foi finalista nos XIII Premios Opinión de Música como Mellor Novo Artista e Mellor Tema Orixinal.

En 2016, guiada pola súa crecente curiosidade e a necesidade de aprender máis sobre as súas raíces, trasládase temporalmente a Xordania para indagar no canto árabe e a teoría da música oriental. O seu último traballo, “Ela sabe a sol”, nace desta estancia amosando a mestura de culturas que a caracterizan cun son propio e único de carácter internacional.

Laura LaMontagne & PicoAmperio

Proxecto premiado na categoría de HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS


Laura LaMontagne comeza o seu proxecto con PicoAmperio (DJ e produtor) en xullo de 2019. Na súa proposta misturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip hop e poesía, poñendo especial atención nas obras de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro ou Fernando Pessoa. Melodías suaves, bucles vocáis, persusións marcadas e atmósferas rascadas son elementos pilares da súa particular expresión artística.

Durante estes seis primeiros meses de vida, pasaron por festivais como Atardeceres no Gaiás, Agrocuir, Eidos Fest, Cantos na Maré e San Froilán. Aportaron música á apertura da exposición "Galicia. Un relato no mundo", pasaron polo programa musical "FEEEL", da canle BETEVé de Barcelona, polos ciclos MUBEA na Alhambra en Granada e conseguiron o primeiro posto na lista "10 Demoscópicos Galicia-Castilla León 2019" de MondoSonoro. Neste 2020 acompañaron a Abel Hernández, El Hijo, en Madrid na presentación do seu último traballo, Capital Desierto, e estarán en festiváis como Sacra Festival, MelonaFest e as propias Festas Demoscópicas de MondoSonoro.

Festival Agrocuir da Ulloa

Proxecto premiado na categoría de FESTIVAIS


O Festival Agrocuir da Ulloa é unha iniciativa sen ánimo de lucro celebrada no rural lucense dende hai seis anos. É un festival nado co obxectivo de reivindicar a diversidade sexual e de xénero no rural. A visibilización dos colectivos transexual, bisexual, intersexual, asexual e cuir, históricamente invisibilizados, forma parte da nosa labor central, o que non se está a facer en máis lugares rurais do Estado, convertendo a

nosa experiencia en algo pioneiro e innovador a nivel da península ibérica. Ademais, este festival aborda retos da actual sociedade como a defensa do bosque autóctono, a construcción dunha comunidade participativa e inclusiva, a equidade de xénero, a interxeneracionalidade, o despoboamento do rural, a recuperación da memoria rural e a posta en valor do patrimonio material e inmaterial da nosa comarca. Abordar estes temas da lugar a que este festival se vaia convertindo nunha iniciativa de empoderamento comunitario que contribúe a rachar con estigmas existentes sobre o rural. O Agrocuir da Ulloa pon en práctica o diálogo e a escoita como ferramentas para a construcción de sociedades sanas e de novas propostas de vida que compatibilicen a necesidade de gañarnos a vida coa defensa da terra e da dignidade humana. Todo esto ponse de manifesto a través de diferentes actividades que dan lugar a un festival multidisciplinar no que a través do teatro, a música, os obradoiros, o baile, o deporte, o cine, a performance, etc. o público comparte dous días de convivencia, aprendizaxe e ocio sustentable, demostrando o potencial do rural para establecer novas formas de vida e modelos de sociedade.

Coro Cantabile

Proxecto premiado na categoría de COROS E GRUPOS VOCAIS


O Coro Cantabile é un coro de mozos e mozas con idades que van desde os 8 anos ata os 25. No mes de abril será o noso décimo oitavo aniversario. Temos publicados seis traballos discográficos, con repertorio, principalmente barroco e de panxoliñas. Mais o noso último traballo é especial.

Palabras de luz son doce obras completamente inéditas, froito dunha unión especial. Nacen de textos en galego escritos por doce poetas, que despois foron repartidos entre seis compositores e compositoras para lles pór música. O resultado son pezas corais, galegas e en galego, cultas e contemporáneas, que buscan contribuír á renovación da música galega neste ámbito.

Estas obras cobraron vida nas voces do Coro Cantabile, mais axiña voaron entre todos os coros de Galiza para seren cantadas por todas as agrupacións que desexen participar nesta renovación.

Estas obras fálannos de, polo menos, doce modos de entender a luz, sempre presente nelas. É unha música moi variada, pensada para moita xente diferente. Un repertorio contemporáneo, por veces máis imprevisíbel.

Este proxecto é unha aposta decidida por abrir portas á lingua galega. Non o fixemos porque o galego sexa “a lingua máis musical” ou “máis poética”, porque a experiencia nos di, despois de dezasete anos cantando, que calquera delas pode darnos enormes doses de beleza e emoción. Fixémolo porque cremos que o galego é unha lingua tan válida como calquera outra para expresar un número infinito de sentimentos e ideas, e porque, desgraciadamente, non víamos que iso fose realidade no noso ámbito. Agora sentimos un enorme orgullo de poder contribuír a quebrar esa barreira, esperando que moitas outras obras veñan despois a abrir as mentes e os ouvidos. Sentimos que tamén nós podemos ser revolución e queremos facelos partícipes dela, aquí e agora.

Taller Atlántico Contemporáneo (TAC)

Proxecto premiado na categoría de MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA


We are a WORKSHOP because we like to experiment.

We are ATLANTIC because Atlantic is our culture.

And we are CONTEMPORARY because contemporary art is our reason for being.

TAC is one of the most relevant ensembles of the Spanish musical scene, defining itself as a permanent ensemble of flexible configuration. Its musicians play mainly with the Orquesta Sinfónica of Galicia and the Real Filharmonía of Galicia, and has conductor Diego García Rodríguez as its artistic and music director.

Banda de Música de Merza

Proxecto premiado na categoría de BANDAS DE MÚSICA POPULAR


Bañada polos ríos Deza, Orza, Rabioso e Liñares mais rodeada dos montes Martixe, Sampaio e a Valiña, sitúase Merza, unha pequena parroquia do Concello de Vila de Cruces. Con apenas 360 habitantes, Merza representa a realidade do rural galego; unha perda poboacional constante onde as actividades extraescolares e instalacións son inexistentes; no cal o único motor dinámico-social é a música.

A decana das bandas de Galicia, a Banda Artística de Merza, está constituída por máis de 100 músicos federados pertencentes tanto á parroquia de Merza, como ao Concello de Vila de Cruces, á Comunidade Galega ou mesmo chegados dende fóra das nosas fronteiras. A banda concentra as súas actividades na fin de semana, creando un ambiente festivo no pobo.

Dende a súa fundación, no 1828, a música de Merza foi a herdanza mellor conservada, creando familias centenarias de músicos. Chegando a dicir en numerosas ocasións que os rapaces de Merza nacen cun instrumento baixo as mans.

Tratar de explicar a relación dunha agrupación co seu entorno é digno de ser considerado proxecto, isto conforma unha breve aproximación da simbiose existente entre o pobo e unha banda de música.

A Artística é algo mais que unha banda, é a lingua do seu pobo.

Broa

Proxecto premiado na categoría de METAL


BROA é a nova fornada musical saída das quenturas das chemineas fumeantes de Cerceda, paraíso do Rock do país. Músicos de Machina, Morgen, Ruxe Ruxe ou Presencia Zero compoñen este power-trío. A broa é de textura áspera con engurras que mal tocadas poden magoar mais no seu interior é doce e tenra. De igual xeito, o primeiro disco de Broa, “Cucú” é un produto á vez doce e salgado; tenro e salvaxe mais sobre todo auténtico que non te deixará indiferente. “Cucú” da título ao primeiro traballo discográfico de BROA, enfornado a lume moi lento durante os últimos 4 anos. 11 cortes, gravados en Cimática Studio, nos que os de Cerceda despregan unha interesante mestura do grávido do Stoner ou do New-Metal co vertixinoso do Punk e o Hardcore onde as melodías pop atopan refuxio. Músicos como Jasper de NAO colaboran e apadriñan este disco na peza “Sairá o sol” que dará moito que escoitar e falar. Na actualidade a banda ven de publicar dous singles adianto do LP acompañados por sendos videoclip dirixidos polos realizadores galegos máis prometedores: Cucú peza que da nome a propio disco, dirixido por Xaime Miranda e Sairá o Sol desta volta realizado por Alberto Lora. Na primaveira de 2020 publicarase na súa totalidade “Cucú” en todas as plataformas dixitais e nesas datas comezarán a defender ese traballo nos directos por toda a xeografía Galega e estatal.

América De Vigo

Proxecto premiado na categoría de ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA


América de Vigo é un grupo de versións que toca nas verbenas fundado no ano 1976 en Vigo por Miguel Díaz Casal, xerente e administrador da banda.

Actualmente está formado por 6 músicos e 4 técnicos, ofertan una media de 100 actuación anuáis por toda a xeografía galega e parte do noroeste da península.

O repertorio da banda está enfocado a un estilo un tanto diferente do que se acostuma no mundo da verbena, apostando por versións de clásicos do Rock, Pop e o Heavy e centrándose en ofertar un espectáculo dinámico, participativo, e na medida do posible, da mellor calidade.

Músculo!

Proxecto premiado na categoría de ELECTRÓNICA


Os galegos Músculo! lanzan o seu primeiro disco, con título homónimo. O grupo dá a coñecer o seu primeiro LP tras presentar en anos anteriores tres EP´s con moi boa acolleita por parte da crítica e o público. O seu novo traballo, gravado en Subiza, Navarra, correu a cargo de Montreal Estudos (Delorean, Randeeira Asasina ou John Talabot) co productor Hans Krugër. Componse por seis cortes que deixan entrever unha gran evolución do grupo cara á electrónica máis actual. A portada é un deseño de Deif Lou, que combina a escultura e a fotografía nunha peza moi especial.

Co seu directo contundente e sen fisuras, Músculo! pisou moitos dos festivais máis importantes do estado como o BBK Live ou o BIME (Bilbao), Monkey Week (Porto de Santa María), Low Festival (Benidorm), Atlantic Fest (Illa de Arousa), Lets Festival (Barcelona), Festival do Norte (Vilagarcía de Arousa), Sereas e Piratas (Carballo, A Coruña), Kutxa Kultur (Donosti) ou o Wos Festival (Santiago de Compostela), entre outros. Así mesmo, pasaron polas salas máis representativas do país como Razzmatazz (Barcelona), O Matadero (Madrid), Kafé Antzokia (Bilbao) ou a Sala Capitol (Santiago de Compostela).

A banda, que pertence á selección de grupos Jäger, xa puxo a disposición do público o álbum, que se pode reservar contactando coa banda a través das súas redes sociais ou o seu correo musculomusica@gmail.com.

O grupo nace en xaneiro de 2012 coa intención de mesturar instrumentos analógicos con elementos electrónicos buscando novas texturas e estilos e xa en marzo dese mesmo ano logran ser semifinalistas no certamen Proxecto Demo do FIB e Radio 3.

En abril de 2013 presentan un adianto do seu segundo traballo cun directo en vídeo da canción “Os mozos de Chicago” e en xuño do mesmo ano lanzan o Ep “Selección Natural” (Autoeditado), con moi boa acolleita por parte da prensa. Este traballo derivou cara a terreos Kraut. En mayo de 2014 lanzan Vivac onde a electrónica bailable faise moito máis presente, abrazando o son Madchester e levándoo cara a sons máis actuais. Ese mesmo ano pasan a ser banda Jägermeister.

A banda está formada por Álvaro Branco, Raúl Santiago, Javier Buela e Nicolás Neto, todos provenientes de diferentes grupos.

HIGH PAW & ELEPHANTS YARD

Proxecto premiado na categoría de REGGAE / SKA / MESTIZAXE


HIGH PAW & ELEPHANTS YARD, é un proxecto musical que mestura o Reggae de raíz coa influencia da música urbana. Elephants Yard é unha banda de veteráns da escena reggae galega que unen as súas forzas coa nova e prolífica cantante viguesa High Paw para crear un espectáculo potente e variado, onde viaxamos dende ritmos cálidos de Xamaica como o Rocksteady ata sons máis modernos como o do hip hop.

Náutico

Proxecto premiado na categoría de SALAS


O Náutico de O Grove Leva 27 anos de carreira de fondo con unha vocación clara pola música e actividade crecente qeu este ano 2019 deu con unha parogramación de 64 concertos nun mes, dentro de un número total de case 100 en todo o ano. 

Estes anos de traballo o proxecto veu arrancar o funcionamento de un estudo de gravación que ten un réximen gratuito para os músicos, o arranque tb de proxectos de residencia artística coma o Laboratorio N, de xa 12 anos de antiguidade, así coma proxectos de formación que Fundación Paideia ten previsto desenrrolar no local. 

Estes anos tambén deron tempo para a implantación de equipos profesionales de Son nos tres escenarios, dotación de equipamentos de instumentos (Backline) comletos, e un intento de tratar aos músicos o mellor posible e coidar tódolos aspectos da producción de concertos para acadar un grado de profesionalidade crecente. 

O Náutico converteuse por méritos propios nun actor importante do sector cultural e turístico local e a súa oferta trascende moito máis alá de Galicia. O Náutico reivindica o papel das salas no tecido cultural do país e busca a dignificación do traballo a dos músicos no posible aos seus recursos.O Náutico Mantén un criterio de responsabilidade en canto a inserción de artistas galegos na súa programación. 

Agoraphobia

Proxecto premiado na categoría de ROCK


Agoraphobia vuelve dos años después de marcar una línea definitoria con su álbum debut 'Incoming Noise'. Y lo hace con una madurez musical que ensucia, todavía más, su ruido interior anteriormente presentado. Un giro al lado más oscuro con texturas firmes y pesadas, distorsión profunda y potentes riffs que sacuden rock alternativo.

Este disco habla de dos luchas constantes: la batalla interna contra los límites autoimpuestos, los miedos, los demonios más arraigados... y el enfrentamiento personal ante un entorno automatizado.

Magín Blanco e a Banda das Apertas

Proxecto premiado na categoría de MÚSICA INFANTIL


Que Magín Blanco proceda do pop, e se achegue agora a un público “ sen límite de idade” , dálle certamente un ar fresco a un espectáculo pensado para os máis cativos. O ex da banda La Rosa ve agora como parte do seu público merma en idade pero conserva intactos, o criterio e a esixencia. Para a xente miúda fai un espectáculo grande e resolve no escenario con achegas de enerxía, calidade e emocións. A nena e o grilo nun barquiño - ano 2013.

A que soa? A bicos roubados,á ledicia de atopar un equilibrio de expresión entre tradición e contemporaneidade . A reafirmar a confianza na música como vehículo e vínculo interxeracional, e entre o individual e o social. A Beatles ,armonías vocais, retrouxos contaxiosos, a arpas e zanfonas, a violinos , a arpexos de guitarra, silencio...

E que conta? A historia dunha viaxe iniciática onde o mundo se presenta como unha aventura por descubrir. Unha aventura amable e luminosa , mais próxima ao intercambio e a partilla que a competitividade e a rivalidade.

E que pasa? A realidade afrontase dun xeito absolutamente natural e reflíctese nas propias vivencias dos protagonistas . A simbiose entre o entorno e as experiencias fai posible que a armonía sexa parte inherente do desenrolo e non tanto unha meta que conquistar.

Que atoparemos no espectáculo? Un medio mais para valorar a expresión ao través das artes: música , narrativa, ilustración, poesía. Sempre dende un punto de vista que fai fincapé na horizontalidade , na alegría e na comunicación. Todas as súas creacións forman parte da proposta musical que achega xunto coa Banda das Apertas ó panorama musical galego.

Guadi Galego e A Banda Somerxida

Proxecto premiado na categoría de POP / INDIE


Guadi Galego e A banda dos somerxidos é un proxecto que leva ao directo con son determinado os discos da autora Guadi Galego creando un son propio e contundente, intimista e enérxico á vez que difire do disco e dá ao espectáculo un son único.

A Banda Somerxida son Guillerme Fernández, Isaac Palacín, Roberto Grandal ou Carmen Rey, Vic Moliner ou Rubén Iglesias e Tania Caamaño e Sabela Torres.